O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) convoca por noveno ano consecutivo os Premios Galicia Alimentación que recoñecen iniciativas e accións destacadas no ámbito da industria da alimentación galega. As persoas interesadas en optar a estes galardóns poden presentar os seus proxectos dende hoxe e ata o 10 de maio a través dos formularios dispoñibles na web de Clusaga.
Este ano, os Premios Galicia Alimentación teñen catro categorías: a Produto Innovador, a Produto Excelente, a Proxecto Sectorial e a Estratexia de Mercado, distinguindo as seguintes áreas:
Poden presentar candidatura aos Premios Galicia Alimentación 2023 persoas físicas, autónomos, micro, medianas e grandes empresas que teñan sede social, centros produtivos ou exerzan a súa actividade comercial ou transformadora en Galicia, así como institucións galegas ou situadas fóra do territorio que teñan desenvolvido actividades en favor dos produtos alimentarios galegos, tendo estes orixe ou transformación en Galicia ou na flota pesqueira dunha empresa galega.
Unha mesma entidade pode presentar candidaturas a máis dunah categoría e incluso máis dunha candidatura na mesma categoría. As entidades que reseultaran galardoadas en edicións anteriores poden volver optar a estes premios.
O obxectivo destes galardóns é recoñecer e visibilizar as accións do sector alimentario con impacto na calidade, a excelencia, o emprendemento, a dixitalización, a innovación, a sustentabilidade, o marketing e a internacionalización.
Os gañadores daranse a coñecer nunha gala que se celebrará o 14 de xuño, coincidindo co Foro Galicia Alimentación, que cada ano é organizado por Clusaga, co apoio institucional da Xunta de Galicia e co patrocinio ouro de Caixa Rural Galega, Gadis e Vegalsa Eroski.
Este foro supón un espazo de intercambio de experiencias e coñecementos e serve de estímulo para a colaboración entre os diferentes eslavóns da cadea alimentaria: produción, procesamento, distribución e consumo de alimentos.
Entre os gañadores do pasado están compañías como Real Conservera Española, Hijos de Rivera, Leche Río, Alibós, Quescrem, Gadis, Larsa e Pereira Productos del Mar
Formulario Categoría Produto Innovador
Formulario Categoría Produto Excelente