A mellora continua é esencial en calquera proceso produtivo, algo que se puxo de manifesto de xeito evidente no sector alimentario. De feito, durante os últimos tempos, incrementou a presión para reducir os custos e optimizar os rendementos. Por isto, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), impulsa o proxecto “5S no sector Alimentario”, unha iniciativa para a que conta coa colaboración de PFS Grupo. Esta formación, que celebrou este venres a reunión de arranque, contou para a súa inauguración coa presenza do director de Clusaga, Roberto Alonso, que salientou “a importancia de avanzar cara as metodoloxías lean para a mellora competitiva do sector”.
O 5S é unha ferramenta que permite obter beneficios de forma rápida e sixela, mellorando a produtividade e establecendo os primeiros pasos cara unha “organización lean”. Deste modo, “5S no Sector Alimentario” aposta pola aplicación desta ferramenta nun grupo de empresas do sector, mellorando a súa produtividade e competitividade dun modo práctico e sinxelo.
O programa ten unha metodoloxía práctica e colaborativa con sesións comúns nas que se poden coñecer os retos, boas prácticas e avances do resto de participantes, fomentando un clima de intercambio de experiencias, cooperación profesional e aprendizaxe conxunta.
Este curso se realizará en catro fases ata o 10 de febreiro de 2023, inclíndo sesións en paralelo á implantación da metodoloxía nas empresas participantes.