Un dos obxectivos do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) é apoiar a entrada dos produtos dos seus asociados a mercados internacionais. Por esta razón, entre o 21 e o 25 de novembro, Clusaga impulsou a participación dos socios Mieles Anta, Quescrem e Healthinfoods nunha misión comercial ao mercado canadiense, levada a cabo nas cidades de Montreal e Toronto. Estas entidades participaron na misión como beneficiarias dos cheques financeiros que ofrece o proxecto europeo F2F Health Matters, unha aceleradora de internacionalización para pemes agroalimentarias europeas dos sectores da alimentación saudable, as bio-solucións e a agrotecnoloxía, da que Clusaga forma parte xunto a outros catro clústeres.
As pemes participantes na misión desfrutaron, ao longo de cinco días, dunha axenda individualizada composta por distintos tipos de actividades, que incluíron reunións colectivas, reunións individuais nas instalacións dos distribuidores e visitas guiadas a supermercados especializados para coñecer de primeira man o mercado canadiense. Asimesmo, organizáronse distintas actividades de networking para fomentar as relacións entre as empresas participantes, o consorcio e un grupo de axencias e institucións de interese en Canadá.
Canadá foi o país seleccionado para a primeira convocatoria de axudas do proxecto F2F Health Matters, o cal implicou, entre outras medidas, a organización desta misión comercial directa. Do mismo modo, desenvolveuse nos meses previos á misión o Elite Programme do proxecto, un programa de trainig e coaching personalizado e adaptado, neste caso, ao mercado canadiense. O seu obxectivo foi preparar ás pemes beneficiarias, acelerando as súas capacidades de desenvolvemento empresarial en dito territorio. En total, unha delegación conformada por 9 empresas (Archie, BellaVie, Equanto, HappyLife, Healthinfoods, Mieles Anta, Quescrem, Ramirez e Tilman), acompañadas por representantes dos cinco clústeres impulsores do proxecto, participou na misión colectiva.
Tras a súa participación nesta misión, as empresas manifestaron a súa satisfacción coa organización, da que destacaron favorablemente o perfil dos distribuidores e importadores contactados, así como as visitas guiadas a supermercados, que lles permitieron establecer un primeiro contacto co mercado, os gustos do consumidor e as principais marcas. Por outra parte, e dada a amplitude da xeografía do país destino, as pemes socias agradeceron poder coñecer as rexións de Quebec (Montreal) e Ontario (Toronto) en tan só cinco días.
Esta aceleradora de internacionalización para pemes agroalimentarias está dinamizada pola alianza de cinco clústeres europeos: Clusaga, BioEconomy Cluster (Eslovaquia), InovCluster (Portugal), Valorial (Francia) e Wagralim (Bélgica). A finalidade é proporcionar un paquete completo de servizos para fomentar a colaboración internacional dun conxunto de pemes das rexións participantes e o seu desenvolvemento comercial en al menos un dos tres mercados obxectivo: Canadá, Japón e Emiratos Árabes Unidos.
Tras a primeira convocatoria de axudas, cuxo país destino foi Canadá, a segunda convocatoria, que ten como país destino Xapón, permanecerá aberta ata o próximo 14 de decembro. Esta ofrece ás pemes interesadas a oportunidade de beneficiarse de cheques de viaxe ou cheques de consultaría, e de participar no Elite Programme enfocado a Xapón, que se desenvolverá na primeira metade de 2023. Pola súa banda, a misión ao mercado xaponés está prevista para xuño de 2023, coincidindo coa JAPAN’S FOOD EXPORT FAIR.