A segunda edición de BasQuisite, celebrada o 30 de maio, reuniu no recinto de Ficoba (Irún) a máis de cen produtores do sector alimentario procedentes de Euskadi, Navarra e outras rexións. Este ano, Galicia foi a comunidade autónoma invitada e, por iso, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) acompañou á feira a algúns dos seus socios.
En concreto, a este salón profesional, acudiron representantes das empresas galegas socias: Terras de Asorei, Lambone, Portomuiños, Mieles Anta, Jamones González, González Carballal e Habelas Hailas.
Todas elas tiveron a oportunidade de incrementar a súa rede de negocio, establecer novas relacións e facer networking.
Ademais, Basquisité estableceu no salón unha zona destinada a startups relacionadas co sector alimentario e outro espazo, denominado equipa, contemplado para empresas de maquinaria e equipamentos en xeral para o sector horeca e a industria de alimentación.