O pasado 9 de maio tivo lugar nas instalacións do Clúster TIC Galicia na Cidade da Cultura unnetworking sectorial coas empresastractoras de Business FactoryFood (BFood), a primeira aceleradora do sector alimentario galego.
A xornada comezou coa intervención de Juan A. Vázquez, presidente do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), quen destacou a necesidade que teñen as empresas de innovar de maneira sustentable e a oportunidade que BFFood presenta para o sector.
Na presentación tamén estiveron presentes Antonio Rodríguez, presidente do Cluster TIC Galicia, Norberto Penedo, director área de competitividade do IGAPE, e Roberto Alonso, xerente do Clusaga, quen puxo sobre a mesa a intención de BFFood de converterse a longo prazo en “referente internacional en innovación aberta no sector alimentario”. Tamén, destacou, como elemento diferenciador entre esta e outras aceleradoras, a participación de empresas tractoras que favorecerá “a saída comercial dos proxectos”.
Como peche do acto, realizouse unha mesa de traballo con representantes das empresas tractoras Clavo, Clun, Martín Códax e Quescrem.
O obxectivo de BFFood, aceleradora impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada pola Agrupación industrial Alimentaria de Galicia e empresas de referencia na industria alimentaria galega, é atraer e impulsar proxectos innovadores de emprendemento.
A recepción de candidaturas a esta primeira edición de BFFood finalizar o próximo 16 de maio. A inscrición pode realizarse a través da seguinte ligazón: http://bffood.gal/inscripcion