O IV Foro Galicia Alimentación, organizado polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) celebrado na Cidade da Cultura o 20 de xuño, reuniu a máis de 150 asistentes que puideron gozar da experiencia e coñecemento de grandes profesionais do sector.
O Foro Galicia Alimentación foi inaugurado por Juanjo De la Cerda, vicepresidente de Clusaga e Director Corporativo de I+D e Calidade do Grupo Nueva Pescanova, quen destacou a importancia deste encontro cuxo obxectivo é ser un espazo de referencia para o sector en Galicia, así como un lugar para a análise das tendencias de consumo e os desafíos globais do mesmo.
A primeira mesa redonda, moderada por Maruxa García, socia e CEO de Tastelab, contou coa presenza de Jorge Eiroa, director de compras de Vegalsa-Eroski; Iago Canle, design and innovation manager en DS Smith Iberia; e Loan Bensadon, innovación e desenvolvemento manager en Baïa Food Co. Todos eles abordaron a innovación, deseño e sustentabilidade na cadea de valor.
Pola súa banda, a segunda mesa redonda estivo integrada por Ignacio Gavilán, environmental sustainability director en Consumer Goods Forum; Rafael Urrialde de Andrés, directo de saúde e nutrición en Coca Cola Iberia e Javier Ubieto, account manager Soutehern Europe en Innova Market Insights. Nela analizaron as tendencias globais do sector da man do moderador José Andrés Faíña, catedrático da Universidade da Coruña.
Beatris Vitartis, presidente de VITARTIS e CEO de Pharmadus, explicou no seu relatorio o modelo de innovación aberta e colaborativa da Asociación da Industria Alimentaria de Castela e León.
Finalmente, José Cabanas, director de márketing de Hijos de Rivera, explicou a innovación e branding no produto de Estrela Galicia.
O Foro foi clausurado por Juan A. Vázquez, presidente de Clusaga e director xeral de Bodegas Martín Códax, quen se encargou de dar paso ao acto de entrega da V Edición dos Premios Galicia Alimentación, que estivo presidido por Alberto Núñez Feijoo, Presidente de la Xunta de Galicia.