O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organizou o xoves, 13 de febreiro, o workshop “Apoios a proxectos de industria 4.0 do sector alimentario en Galicia” en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Clúster TIC co obxectivo de analizar as oportunidades de dixitalización e avance cara á fábrica do futuro nas pemes galegas.
A xornada comezou coa presentación da convocatoria de axuda do Igape a proxectos agrupados industria 4.0 por parte de José Manuel Fernández, subdirector de desenvolvemento de negocio. Posteriormente, Roberto Alongo, xerente de Clusaga, e Javier A. Osuna, xestor de innovación tecnolóxica de Clusaga, explicaron as oportunidades que o proxecto europeo S3Food e a Asociación para a Dixitalización da Industria de Galicia (DIH) ofrecen para a dixitalización das pemes do sector alimentario.
Tras eles, produciuse unha mesa redonda, moderada por Hugo Barreiro, do departamento de I+D+i de ANFACO- CECOPESCA, para coñecer os casos de éxito de industria 4.0 de Panadería Toñitos, El Nogal e Cofrico, entidades socias de Clusaga.
Na pausa café produciuse a oportunidade de coñecer en primeira persoa o proxecto Future Food Factory 4 P de ANFACO – CECOPESCA, a través das súas lentes de realidade aumentada.
Finalmente, na xornada realizouse unha sesión de pitching para coñecer a oferta en novas tecnoloxías da man de Xosé Lois Suárez, de TasteLab, Jorge Juárez, de Xoia Software Development, José Rodríguez de ASM Soft, Hugo Barreiro, de ANFACO – CECOPESCA, David da Varga, de Glaucor, Enrique Rey, de Ainia, Manuel Meijide, de Ilux, Francisco Robredo, de Kiwanda Labs, Gonzalo Abuín, de Data Monitoring, Alberto Martínez, de Itmati, Juan Carlos Galán, do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e Carlos Pimentel, de CO2 Smart Tech.