O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) celebrou a súa Asemblea Xeral exclusiva para socios o pasado 29 de xuño, coincidindo co evento do Foro e Premios Galicia Alimentación 2022.
Durante a xuntanza, que tivo lugar ás 9.15 horas, revisouse a Memoria Anual do Clúster correspondente a 2021. En primeiro lugar, aprobáronse os novos socios, alcanzando 136 entidades asociadas a Clusaga na actualidade. Tamén tivo lugar a aprobación das contas de 2021, con saldo positivo, e se emitiron informes das Comisións de Mercados, Sustentabilidade e Innovación. Ademais, levouse a cabo un repaso dos proxectos máis destacados que o Clúster ten en marcha.
Os socios que participaron na asemblea puideron levar a casa un exemplar do Plan Estratéxico 2021-2025 de Clusaga, un documento que aposta pola I+D+i do sector, que deberá ir da man da transformación dixital. Esta folla de ruta do Clúster tamén reseña a necesidade de promover a sustentabilidade e a bioeconomía dentro das compañías.
Tras este encontro, os socios asistentes uníronse ao Foro Galicia Alimentación, que contou con tres relatorios e unha mesa redonda nas que se abordaron a investigación, a sustentabilidade, a dixitalización e outros retos do sector alimentario galego. Para pechar a xornada, tivo lugar a entrega dos Premios Galicia Alimentación 2022.