O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) lidera o proxecto europeo A quadruple helix Atlantic Area healthy food Ecosystem for growth of SMEs (AHFES), cuxo obxectivo principal é crear un ecosistema de innovación con acceso a coñecemento, potenciais socios e novos mercados, que permita ás pemes ampliar a súa capacidade para satisfacer o aumento da demanda de alimentos innovadores, sustentables e saudables.
Clusaga coordina a sete socios de España, Francia, Portugal, Irlanda e Reino Unido – EIT Food CLC South, S.L., BIC Innovation, InovCluster – Associação do Clúster Agroindustrial do Centro, Instituto Nacional de Saúde Dr.Ricardo Jorge, National University of Ireland Galway, Association du Pole de Competivite VALORIAL, Northern Ireland Food & Drink Association- neste proxecto que conta cun orzamento de 1.213.047€, cofinanciado polo Programa Interreg Espazo Atlántico a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
O acto de presentación do proxecto realizado esta mañá en Santiago de Compostela comezou cunha presentación, por parte de Hena Monaf, food division, agricultura, food and marinede Welsh Government, Ildefonso de Cámpaa, director de maiores e persoas con discapacidade da Xunta de Galicia, Alessio Cavicchi, adviser de JRC European Commission e Tania Afonso, project manager de Interreg Atlantic Area, das medidas públicas rexionais que apoian a innovación no sector da alimentación.
Posteriormente, Noelia Dosil, innovation project manager de Clusaga, Susana Caio, head of RDI de InovCluster Clúster Agroindustrial do Centro, Isabel Castanheira, coordinadora de departamento do Instituto Nacional de Saúde Doutor Ricardo Jorge, Blandine Forting, innovation project manager de Pôle Valorial e Jane Walsh, senior lecturer, National University of Ireland Galway, -socios do proxecto-, presentaron os obxectivos e beneficios do proxecto AHFES, así como as tendencias e boas prácticas en innovación, cooperación e alimentación saudable.
A continuación, desenvolveuse unha mesa redonda, moderada por Harry Hamilton, project manager de Northern Ireland Food and Drink, na que Diana Roig, head of nutrition department de Unilver, Lara Rodríguez, RIS project manager de EIT Food, e Alison Haselgrove, senior associate de BIC Innovation, abordaron as necesidades e tendencias do consumidor en alimentos saudables e innovadores.
Finalmente, Michael Bell, executive director de Northern Ireland Food and Drink, Muriel Meignen, senior RD&A manager de Kerry Group, e Carla Castro, coordinadora de marketing online de GADISA, analizaron historias de éxito sobre produtos alimentarios saudables innovadores nunha mesa redonda moderada por Linda Grant, director food projects de BIC Innovation.
Web AHFES