O Salón de Alimentación del Atlántico (Salimat) celebrou este ano a súa 27 edición no recinto feiral de Silleda entre os días 30 de maio e 2 de xuño. O programa incluíu dous días con actividades enfocadas a profesionais do sector e un fin de semana de apertura ao público. Como xa é tradición, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) colaborou, un ano máis, na identificación, captación e organización dos compradores internacionais do Programa de Encontros de Negocio. Ademais, o Clúster participou na Feira cun stand agrupado xunto ás súas empresas socias Galician Brew, Jamones González, Salmoira e Torre de Núñez.
O obxectivo deste Programa de Encontros é facilitar o recoñecemento dos produtos de empresas locais e rexionais de corte gourmet e artesanal, así como poñer en contacto a estas empresas con importadores extranxeiros que, a través da distribución ou tendas gourmet, poden integrar os seus produtos en catálogos fóra de nosas fronteiras. Se espera así facilitar a internacionalización das empresas e favorecer a súa presenza no estranxeiro.
As actividades comezaron o mércores, 29 de maio, cunha cea de benvida na que se recibiu aos 31 compradores internacionais que participaron nesta edición. En total, estaban representadas 16 nacionalidades dentro do Programa de Encontros de Negocio, que tivo lugar os días 30 e 31 de maio, e que incluían Alemaña, Bélxica, Brasil, Canadá, Costa Rica, Emiratos Árabes Unidos, Finlandia, Israel, Italia, Xapón, Lituania, Malta, México, Polonia, Reino Unido, República Checa e Suecia. Ademais, participaron 7 compradores nacionais en representación de grandes cadeas de distribución como Gadisa, Lidl, Carrefour ou El Corte Inglés.
En total, mantivéronse máis de 1322 reunións en día e medio, cifra que podería achegarse ás 1400 de ter en conta as reunións celebradas fóra de axenda. Os compradores tamén desfrutaron dunha degustación de lirio e xurel de Ribeira, organizada pola Consellería do Mar, e tiveron tempo libre para visitar os stands dos expositores, catar produtos e avanzar en negociacións.
O feedback dos compradores sobre o programa foi positivo, cualificando Salimat como unha das mellores feiras de produtos gourmet de corte rexional de Europa. Ademais, os compradores coincidiron en que a variedade e calidade dos produtos presentados superou as súas expectativas. As conservas, os aceites, os viños, os queixos, as galletas e os produtos cárnicos foron as categorías que máis interese xeraron, se ben outros produtos, como os caracois ou os licores e cervexas tamén tiveron unha boa acollida.
Paralelamente, e ademais de contar cun stand agrupado na Feria, as socias de Clusaga Galician Brew, Jamones González, Salmoira e Torre de Núñez participaron no Programa de Encontros de Negocio e espertaron o interese de los compradores internacionais e do público xeral. Os produtos innovadores que presentaron estas catro empresas, así como a súa alta calidade, fan que sexa de esperar que se manteña o contacto cos importadores e se facilite a súa chegada aos mercados estranxeiros.