O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organizou co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) o ciclo de webinars “Estratexias e casos de éxito na internacionalización alimentaria” durante os meses de novembro e decembro.
O peche destas xornadas formativas online contou coa intervención de Augusto Álvarez-Borrás, director da área de internacionalización do Igape, quen puxo en valor a internacionalización como vía para que as empresas do sector alimentario galego gañen competitividade.
Ao longo do catro sesións online realizadas os participantes puideron coñecer de primeira man como grandes compañías do sector alimentario afrontaron a súa expansión internacional e adaptáronse á situación actual provocada pola COVID-19.
A primeira sesión abordou a contorna e as claves á hora de ser competitivo con Jaime Palafox, experto agroalimentario e exdirector de asuntos económicos e internacionalización de FIAB, e Félix Gullón, exdirector área expansión de Galletas Gullón.
Pola súa banda, Gonzalo Sánchez, responsable de exportación de Chocolates Valor, e Gonzalo de Pierrard Hardy, director Asia – Pacífico de Cinco Jotas – Grupo Osborne, analizaron a importancia da mercadotecnia internacional e da creación de marca.
As tendencias de consumo e as características dos mercados estratéxicos foron trataods por Nicolás Horovitz, director xeral de contidos para BMC Strategic Europa, Alfredo Martín, director comercial de Grupo Agrosevilla, Pablo Buján, director comercial de Bodegas Martín Códax, e Roberto Alonso, xerente de Clusaga.