
Clusaga ven de celebrar no Hotel Palacio del Carmen (Santiago de Compostela) a xornada “Food Upcycling: dinámica de valorización de subprodutos alimentarios”, un encontro que reuniu empresas e axentes do ecosistema alimentario galego para explorar novas oportunidades de economía circular e valorización de recursos.
Este encontro organízase no marco do novo Plan Estratéxico de Clusaga 2026-2029 e do proxecto europeo GRAPPA, financiado pola iniciativa Euroclusters da Unión Europea.
O programa combinou visión estratéxica, casos inspiradores e exemplos de tecnoloxía aplicada, amosando como os subprodutos alimentarios poden transformarse en ingredientes, produtos ou solucións de alto valor engadido.
A xornada contou coa apertura institucional de Isabel González Lechuga, Subdirectora Xeral de Residuos e Economía Circular da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, quen trasladou varias mensaxes clave:
Esta intervención institucional reforzou o papel da colaboración público-privada como motor para a circularidade no sector alimentario galego.
Durante a xornada púxose en marcha o novo grupo de traballo de Clusaga sobre aproveitamento de recursos, subprodutos e innovación, impulsado conxuntamente pola Comisión de Innovación e I+D e pola Comisión de Sostibilidade do clúster.
Os obxectivos do grupo son:
Esta iniciativa busca transformar ineficiencias en oportunidades de innovación, promovendo modelos de negocio circulares e fomentando a colaboración entre os distintos actores do ecosistema alimentario galego.
O evento enmárcase no proxecto europeo GRAPPA, financiado pola iniciativa Euroclusters da Unión Europea, no que Clusaga participa xunto con outros clústeres agroalimentarios de España, Francia, Bélxica e Grecia.
O obxectivo do proxecto é impulsar a innovación, a resiliencia e a sostibilidade das pemes agroalimentarias a través da valorización de biomasa e subprodutos.
Neste contexto anunciouse o próximo lanzamento dunha convocatoria europea dirixida a pemes alimentarias, que permitirá presentar iniciativas individuais ou colaborativas (ata tres empresas) con proxectos de upcycling, valorización de biomasa e subprodutos.
A convocatoria, dinamizada na rexión de Galicia por Clusaga, estará aberta do 23 de marzo ao 26 de maio e permitirá outorgar cheques de ata 60.000 euros para proxectos de ata 12 meses, impulsando a creación de ingredientes e produtos alimentarios upcycled innovadores e fortalecendo a competitividade e a sostibilidade das pemes europeas.
O programa da xornada incluíu tamén varias sesións temáticas que combinaron visión estratéxica, exemplos inspiradores de valorización de subprodutos e tecnoloxías aplicadas. Cada sesión abordou diferentes oportunidades para a transformación de residuos alimentarios en produtos de valor, amosando experiencias reais do sector galego.
Entre os exemplos presentados destacaron:
A xornada incluíu tamén un taller participativo dinamizado por Clusaga, no que as persoas participantes xeraron solucións colaborativas para o deseño de produtos e ingredientes circulares e para a valorización doutros residuos, fomentando a innovación sistémica e a cooperación entre stakeholders do sector galego.









