O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo (MINCOTUR) resolveu aprobar os seis proxectos de I+D+i presentados polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) á súa convocatoria de apoio a Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEIs). O obxectivo desta iniciativa do MINCOTUR é mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas no marco do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia (PRTR).
Estes seis proxectos, dos cales Clusaga liderará catro, teñen un orzamento de máis de 2,2 millóns de euros en total. Ademais, involucran a 38 entidades socias de Clusaga, entre as que se atopan 24 empresas galegas.
Levando a cabo estas iniciativas, Clusaga pretende reforzar a competitividade do sector alimentario gracias a solucións tecnolóxicas innovadoras de alto valor engadido no ámbito da dixitalización e a industria 4.0, aplicadas aos principais retos da industria alimentaria. Así, os proxectos abordan temáticas de interese para a industria alimentaria en xeral e, particularmente, para os subsectores vitivinícola, pesqueiro, cárnico, de produción e comercialización de ovos e agrícola.
IA40WASTE, liderado por Clusaga e implementado por Kiwi Atlántico S.A., Pereira Productos del Mar S.A., Triple Alpha Innovation S.L.; Logicmelt Technologies e DIHGIGAL, pretende promover a eficiencia dos procesos produtivos da industria alimentaria minorando as mermas de produción na etapa industrial.
MEATWIN, liderado por Clusaga e implementado por un consorcio composto por Norlean Manufacturing and Productividad, S.L., Triple Alpha Innovation S.L., ANFACO-CECOPESCA, Torre de Núñez de Conturiz S.L., Jamones González S.L.U., Fundación Centro Tecnolóxico da Carne, Kaizen Institute Consulting Spain S.L e Ria 21 Soluciones Tecnológicas S.L., ten o obxectivo de abordar a necesidade do sector cárnico de mellorar a planificación e produción mediante a recollida de datos, sensorización e visualización de indicadores clave correlacionados.
VITIA 5.0, que conta co liderado de Clusaga e a participación de Viña Costeira S.C.G., Cooperativa Vitivinícola Arousana S.C.G., Data Monitoring, S.L., Nova Industria Galega, Inprosec Auto, S.L., Tastelab, S.L., Seresco S.A., Sonicat Systems S.L e o centro tecnolóxico Vitec, propón desenvolver unha solución dixital que permita estandarizar o proceso de elaboración completo para predicir a calidade do viño, segmentalo e actuar sobre el para adaptalo aol mercado obxectivo.
DIG4.0VO, cun consorcio liderado por Clusaga e composto por Asm Soft S.L., o Centro Tecnolóxico ITG, Medrar Smart Solutions S.L., Granja Campomayor S.L. y Pentabiol S.L., ten o obxectivo de mellorar a competitividade do sector avícola de posta mediante o desenvolvemento dunha plataforma colaborativa orientada a lograr unha cadea de valor eficiente, que ofreza un produto de calidade, que estea comprometida co desenvolvemento sostible, e que garanta o benestar animal.
Powerlog, liderado por DIHGIGAL e cun consorcio integrado por Clusga, o Centro Tecnolóxico ITG, Visual Microsystems S.A. e Cuatro Digital Technology S.L., céntrase en desenvolver unha plataforma de optimización de loxística internacional baseada en Intelixencia Artificial (IA) e computación cuántica enfocada a optimizar a industria loxística marítima.
AGROVOLTECH, cuxo consorcio lidera o Clúster de Energía del País Vasco (ACE) e integran Clusga, Pisa Proyectos de Innovación S.L., Powerfultree S.L. e Libelium Comunicaciones Distribuidas S.L., ten como principal obxectivo a investigación e definición dun novidoso concepto de solución agrovoltaica intelixente, baseado en modelos fenolóxicos e sensórica avanzada.
A preparación destas propostas contou con soporte da Oficina Técnica Next Generation Galicia Food, impulsada por Clusaga e apoiada pola Xunta de Galicia a través do Igape.