O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) acaba de publicar o novo catálogo de servizos que ofrece ás empresas asociadas, un documento que recolle o contido e as condicións de acceso a cada un deles: Insights, Exporta, Circulariza e Innpulsa. Ademais, na web do Clúster pódese consultar máis información e acceder aos formularios de solicitude de cada servizo.
O servizo Insights extrae e interpreta información axustada ás necesidades do cliente a través dun sistema de vixilancia competitiva que obtén información do mercado global de alimentos e bebidas. Isto permite ás empresas identificar elementos do entorno competitivo que poden afectar ao seu desenvolvemento, tomar decisións estratéxicas na innovación ou comercialización e detectar novas oportunidades de negocio. Pode obterse máis información sobre este servizo escribindo un email a insights@clusaga.org ou chamando ao teléfono 881 55 60 62.
Este servizo analiza o potencial de internacionalización das empresas e detecta oportunidades nos mercados extraendo e interpretando información adaptada ás necesidades do cliente. Isto permite dotar ás empresas de ferramentas que faciliten a toma de decisións na adopción de medidas que aumenten a súa competitividade en mercados exteriores. Pode obterse máis información sobre este servizo escribindo un email a international@clusaga.org ou chamando ao teléfono 881 55 60 62.
O servizo Circulariza ten o obxetivo de levar a cabo o impulso cara a sustentabilidade nas empresas socias, así como incorporalas á Economía Circular e á Bioeconomía. Para logralo empregaranse avaliacións, plans e accións feitos a medida, de xeito que permitan a adaptación integral das compañías ás novas esixencias. Pode obterse máis información sobre este servizo escribindo un email a circular@clusaga.org ou chamando ao teléfono 881 04 36 87.
Este servizo inclúe accións de apoio para pemes alimentarias que abranguen dende diagnósticos de innovación e dixitalización ou plans de empresa adaptados, ate axuda baixo demanda. O obxectivo é contribuír a elevar o nivel de innovación das empresas asociadas ao Clúster e incrementar así a competitividade das mesmas. Pode obterse máis información sobre este servizo escribindo un email a innovacion@clusaga.org ou chamando ao teléfono 881 02 38 53.
A estrutura do novo catálogo vai en liña co Plan Estratéxico 2021-2025 de Clusaga, que o recolle nas medidas de desenvolvemento dos eixos de impulso da I+D+i, mercados, internacionalización e impulso da sustentabilidade.
O obxectivo de por estes servizos ao alcance das empresas socias é reforzar o seu posicionamento competitivo e a incorporación das mesmas á estratexia de innovación e Economía Circular.