O presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que Galicia presentará un proxecto tractor “forte, sólido e potente” ao PERTE Agroalimentario, enfocado a modernizar e dixitalizar a industria láctea. Esta iniciativa, titulada SmarTZ4Milk, será coordinada desde o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), e contará coa participación de 19 empresas, Universidades e centros tecnológicos, entre as que se atopan 9 industrias lácteas socias do Clúster.
Esta información deuse a coñecer durante o Foro Next Generation Galicia do PERTE Agroalimentario celebrado esta maña que, xunto co titular do Goberno galego, contou coa participación do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde; o conselleiro do Medio Rural, José González; a conselleira do Mar, Rosa Quintana; e o presidente de Clusaga, Juanjo de la Cerda.
Rueda atribuiu á colaboración público-privada e á unión do sector o resultado do proxecto tractor SmarTZ4milk que se presentará ao PERTE Agroalimentario, produto da simbiose da industria láctea co ecosistema I+D+i. Sobre esta iniciativa, destaca o feito de que participan un total de 19 empresas, centros tecnolóxicos e de coñecemento procedentes de Galicia, Asturias, Cantabria, Andalucía e Cataluña.
En concreto, as empresas socias de Clusaga Grupo Leche Río S.A. (líder), Leche Celta S.L.U., Lácteos de Santander S.A., Corporación Alimentaria Peñasanta S.A. CAPSA-LARSA, Grupo Cooperativas Lácteas Unidas S.C.G. CLUN, Cooperativa Agraria Provincial De A Coruña S.C.G., NATURLEITE S.L., Queizuar S.L. e Queixeria Prestes S.L.A. forman parte de SmarTZ4milk.
A convocatoria do PERTE Agroalimentario supón unha oportunidad única para o sector, contando cunha partida de cerca de 1.500 millóns de euros. A este respecto, o presidente da Xunta defendeu a fortaleza da candidatura SmarTZ4Milk para conseguir financiación.
Ademáis da candidatura galega ao PERTE Agroalimentario, o Foro Next Generation Galicia acolleu a presentación de otros dous proxectos singulares coordinados por Clusaga que xa están en execución e que contan co apoio dos fondos europeos Next Generation. Trástase de Milktelligence, que busca mellorar a produtividade do sector mediante a recollida de datos e visualización de indicadores clave na produción; e Smart4Cheese, que persegue impulsar a dixitalización integral no sector lácteo de queixerías.
Estas iniciativas estás financiadas no marco da convocatoria 2022b do programa de apoio a AEIs do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, e implican a un total de 11 entidades socias de Clusaga.
Rueda advertiu que “non é ningunha casualidade” a forte presencia do sector lácteo galego en propostas que opten tanto ao PERTE Agroalimentario como aos fondos Next Generation, xa que Galicia lidera a produción de leite en España e se sitúa entre as dez principais a nivel europeo. Ademais, puxo en valor que a nosa comunidade concentra a maior parte dos grupos empresariais lácteos de España.