Business Factory Food elegió o 28 de febreiro os oito proxectos que formarán parte da súa segunda edición do programa de aceleración. Patricia Argerey, Directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Juan Manuel Cividanes, Director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), e Fernando Guldrís, Director Xeral de Xesgalicia, foron os encargados de dar a coñecer os proxectos nun acto que contou tamén coa presenza de Francisco Conde, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.
Biopraedium, Galinsect, HEROOJ, HK Smart Food, Stateralabs, Smart vitamins, SITRAV e Kiwanda son as iniciativas que accederán ao programa de apoio integral e especializado de nove meses de duración con mentoring, formación, coaching, servizos técnicos, infraestruturas e medios especificamente concibidos para o seu ámbito de desenvolvemento, así como a financiamento por parte da Xunta de Galicia.
O proxecto Smart vitamins estará mentorizada por Roberto Alonso, xerente do Clúster Alimentario de Galicia, entidade que se une nesta edición de BFFood a este labor xunto ás 14 empresas tractoras coas que traballa a aceleradora.
A idea Smart vitamins foi desenvolta no CIMUS polo laboratorio de María José Alonso, Catedrática da Universidade de Santiago de Compostela e experta no campo da tecnoloxía nanofarmacéutica e a nanomedicina. Este proxecto busca validar o efecto biolóxico dunha emulsión de nanocápsulas de compostos bioactivos facilmente integrables en diferentes alimentos, para o tratamento de enfermidades neurodegenerativas e autoinmunes, administrables por oral.
O resto de proxectos seleccionados contarán coa mentorización das empresas tractoras CAPSA FOOD (Larsa), Nueva Pescanova, Viña Costeira, Gadisa, Clavo Food Factory, Cafés Candelas, Dairylac, Congalsa e Kiwi Atlántico.