O Clúster Alimentario de Galicia dirixiu a organización dos Encontros de Compradores Internacionais da 25 edición do Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, que tivo lugar do 2 ao 5 de xuño de 2022.
Este programa de Encontros Internacionais de Compradores é un espazo de negocios que facilita ás empresas presentes no certame a apertura a novos mercados, tanto dentro coma fora de España, ao posibilitarlles presentar directamente os seus produtos aos compradores a través de reunións axendadas en función dos intereses de ambas partes.
Tras a boa experiencia das pasadas edicións, Clusaga estivo a cargo da selección de aqueles importadores dos países con maior interese para a oferta alimentaria presente na feira. Así, buscando maximizar a efectividade destas mesas de negocio, nesta edición houbo 24 importadores e distribuidores alimentarios de dazasete países: Alemania, Cabo Verde, Canadá, China, Dinamarca, Francia, Holanda, Irlanda, Italia, Lituania, Noruega, Portugal, Reino Unido, República Checa, Suecia e Suiza. Ademais, tamén participaron 5 compradores nacionais, correspondéndose con dous distribuidores e con tres cadeas de distribución alimentaria españolas ou con presencia no país: Carrefour, Gadisa e El Corte Inglés.
O xoves día 2 de xuño durante todo o día e o venres día 3 ata o mediodía, realizáronse máis de 1.300 reunións. Ademais, o día anterior os importadores realizaron un par de visitas a empresas galegas de distintos sectores, unha láctea e outra cárnica; e se lles ofreceu unha degustación na bodega Vía Romana (DO Ribeira Sacra), onde os importadores puideron probar tanto os seus viños coma produtos da empresa cárnica Torre de Núñez.
Os compradores destacaron a súa preferencia e interese en produtos gourmet, ecolóxicos e de pequenos produtores. E de forma máis específica, se ben hai gran interese por gran diversidade de produtos, salientan os aceites, viños e outras bebidas alcohólicas, queixos e outros lácteos, conservas, elaborados cárnicos, snacks ou mel. Ademais de participar nas reunións, os importadores visitaron alguns stands, coma os da Xunta de Galicia e a Junta de Andalucía, nos que se realizou unha degustación de produtos.