O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) participa xunto a 17 agrupacións industriais máis, procedentes de 14 rexións europeas na rede europea Smart Sensors 4 Agri-food (SS4AF), que ten como obxectivo impulsar a transformación dixital do sector agroalimentario e facilitar o acceso a solucións aplicables á industria.
A través desta rede, poderán conectarse competencias de toda Europa, así como dos socios, membros e partes interesadas para obter unha mellor compresión das oportunidades, desafíos e requisitos dos produtos agroalimentarios para as tecnoloxías dixitais.
Concretamente, Smart Sensors 4 Agri-food nace cos seguintes obxectivos:
O pasado 21 de febreiro de 2020, os membros desta rede realizaron na Fundación Centro Tecnolóxico da Información e a Comunicación (CTIC) de Xixón unha primeira reunión para establecer a estrutura de goberno da rede e o plan de traballo da mesma.
Dita reunión, celebrouse no marco das visitas de estudo e eventos de matchmaking que se organizaron nos proxectos Smart Sensor Systems for Food Safety, Quality Control and Resource Efficiency in the Food Processing Industry (S3FOOD) e Connecting smart sensor systems for the food industry (Connsensys), dos que Clusaga tamén forma parte. Ambos os proxectos achandan o camiño cara á rede de living labs que formarán unha pedra angular na estratexia de SS4AF.
Tal e com afirmou, Simon Maas, de AgriFood Capital BV (Países Baixos) e presidente de Smart Sensors 4 Agri-food, “será un camiño longo, pero coas relacións establecidas nestes proxectos e co enfoque en solucións aplicables, xeraremos un valor agregado real para as nosas compañías e rexións, a través desta rede.”.
Pola súa banda, Cécile Guyon de Bretagne Dévelopement Innovation (Francia) e vicepresidenta de SS4AF, agregou: “conectar competencias nas rexións europeas é unha clave importante para apoiar con éxito ás pemes e facilitar os seus procesos de transformación dixital. A sede do consorcio está en Bruxelas, na asociación Flanders’ FOOD (Bélxica).