Durante os días 26 e 27 de novembro, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) estivo presente en Budapest (Hungría), onde se celebraron diversas actividades relacionadas co proxecto europeo Value4Pack. Este proxecto, financiado polo Interregional Innovation Investments Instrument (I3), ten como obxectivo mellorar a capacidade de innovación e investimento na cadea de valor dos envases de alimentos en Europa, con especial atención ás rexións menos desenvolvidas e as pymes.
Clusaga reuniuse co consorcio de Value4Pack nas instalacións de DBH Group para celebrar o Value4Pack Pitch Event, no que 30 propostas sobre packaging alimentario, previamente mentorizadas polos membros do consorcio, realizaron un pitch ante o resto de participantes, membros do proxecto, investidores e outros asistentes.
Tras cada presentación, abriuse un espazo para preguntas e respostas. Ao finalizar os 30 pitches, un comité de asesores expertos seleccionou as 10 mellores propostas, avaliándoas segundo os seguintes criterios: calidade do pitch, alineamento coas estratexias regionais S3 e potencial de colaboración interrexional. Estas 10 propostas seleccionadas recibirán o apoio dos membros do consorcio na busca activa de colaboradores para desenvolver as súas iniciativas sostibles en packaging alimentario.
En Budapest, Clusaga reuniuse cos membros do consorcio de Value4Pack na sede de DBH Group, onde se avaliou o éxito do evento do día anterior. Repasáronse as propostas presentadas e como poden recibir apoio na busca de colaboradores potenciais.
Ademais, durante a Asamblea Xeral, discutíronse os avances dos diferentes paquetes de traballo e os próximos pasos a seguir dentro do proxecto.
O proxecto Value4Pack, pretende funcionar como pontente para o sector do packaging alimentario dentro do panorama europeo. Reúne a empresas e clústeres agroalimentarios (NATUREEF Association| Pack4Food|Flanders’ FOOD|Packaging Cluster I Lithuanian food exporters association (LitMEA)|Valorial, le réseau innovation agri-agro| Agrifood Clust-ER| Alma Mater Studiorum – Università di Bologna | DBH Group| Omnipack Packaging Technology Cluster| Gospodarska zbornica Slovenije| CLIC Innovation Oy| Packbridge| Clúster Alimentario de Galicia |POLYMERIS|Latvian Food Cluster) de España, Francia, Bélxica, Italia, Eslovenia, Latvia, Lituania, Hungría, Polonia, Suecia e Finlandia.
A través das súas actividades, Value4Pack permitirá que 30 propostas innovadoras de packaging alimentario atopen colaboradores dentro dos países do consorcio para escalar o proceso e permitir avanzar neste sector tendo en conta as 4R’s.
Value4Pack é un proxecto de Investimento en Innovación Interrexional (I3), que ten o seu orixe na Asociación Europea S3 Food Packaging.