O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) forma parte, xunto a doce socios máis procedentes de nove rexións europeas, do proxecto S3FOOD que ten como obxectivo fomentar a dixitalización da industria alimentaria a través da implantación de sensores intelixentes nos procesos de produccción.
Para iso, S3FOOD presentou o seu plan de financiamento co que as pemes que sexan seleccionadas pobrán recibir unha subvención de ata 60.000€, que lle axude na súa transición cara á industria 4.0.
Este proxecto europeo responde, segundo o seu coordinador, Veerle De Graef, a ”as crecentes demandas de eficiencia de recursos, seguridade e calidade alimentaria e transparencia nas cadeas de valor. Os socios de S3 FOOD poden ofrecer así axuda e financiamento ás pemes que avancen na súa dixitalización para facer fronte a estes retos”.
A pemes galegas interesadas en acceder ao plan de financión do proxecto S3FOOD, deberán para iso ser socias do Clúster Alimentario de Galicia e dispoñer dun proxecto de dixitalización que se clasifique nalgunha das seguintes categorías: sensores para vixilancia en tempo real, integración de sensores ou xestión intelixente de datos; e que, ao mesmo tempo, e aborde un reto específico do proceso de produción na industria.
S3FOOD ofrece ás pemes cheques de ata 60.000€ cada un para avanzar na súa dixitalización. Ademais, se algún proxecto involucra a diferentes socios de S3 FOOD poderá obter ata 180.000€ se cumpre unha serie de condicións e requisitos.
Na web de S3FOOD hai dispoñible máis información sobre estes cheques: https://s3food.eu//
S3FOOD pretende mobilizar a 2.000 pemes europeas, das que se prevé que 200 participen en eventos de colaboración ou matchmaking. Financiado polo programa Horizonte 2020 da Unión Europea, este proxecto INNOSUP-01, de tres anos de duración, conta cun orzamento total de 5.038.454 de euros. Polo menos o 75% desta contía destinarase directamente ás pemes en forma de cheques, formación e asesoramento empresarial.
Entres os trece socios do proxecto atópanse catro asociacións españolas, que son: Clúster de Galicia (Clusaga), Asociación de Industrias de Navarra (AIN) e Asociación de Investigación de Industrias da Carne do Principado de Asturias (ASINCAR). O resto de socios son: Flanders ‘ FOOD -Bélxica-; INNOSKART -Hungría-; AgriFood Capital BV, -Países Baixos-; Bretagne Development Innovation (BDI), -Francia-; Corallia, -Grecia-; Danish Food Clúster, -Dinamarca-; DSP Valley, -Bélxica-; Food- Processing Initiative -Alemaña-; Cimes, -Francia-; Wagralim, -Bélxica-. A eles, hai que sumar tres entidades vinculadas que son: TERRALIA -Francia-; Campden BRI -Hungría- e o Instituto Tecnolóxico de Galicia -España-.