O proxecto AHFES – A quadruple helix Atlantic Area healthy food Ecosystem for growth of SMEs, financiado polo programa Interreg Atlantic Area 2014-2020, e coordinado polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), finaliza este mes tras 4 años de intenso traballo colaborativo. Porén, os resultados do proxecto, así como os materiais, ferramentas, informes e outros documentos xerados no marco de AHFES continuarán dispoñibles para consulta na súa web: www.ahfesproject.com.
AHFES estivo en curso entre marzo de 2019 e marzo de 2023 e executou un orzamento de máis de 1.4 millóns de euros. Este proxecto permitiu a Clusaga colaborar con socios de Francia, España, Irlanda, Portugal e Reino Unido para desenvolver metodoloxías, ferramentas, servizos e materiais formativos que contribúan a mellorar as competencias e oportunidades das pemes alimentarias para o desenvolvemento de produtos alimentarios innovadores, saudables e sostibles; contribuíndo así a mellorar a competitividade do sector.
Un dos primeiros resultados do proxecto foi un mapeado de actores do ecosistema de innovación en alimentación saudable nas rexións participantes en AHFES, que inclúe información sobre máis de 1000 organizacións.
Asimesmo, o consorcio deseñou un catálogo conxunto de servizos de apoio á innovación que permitiu aos clústeres participantes mellorar as súas competencias e oferta para empresas asociadas. Entre os resultados destes servizos salientan os informes realizados por Clusaga centrados en varios sectores, incluíndo lácteo, panadaría, alimentación infantil, cárnico e pratos preparados e bebidas refrescantes. Estes documentos son exemplo dos estudos de mercado, consumidor ou tendencias que Clusaga pode realizar a través do seu Servicio Insights.
Tamén están dispoñibles na web do proxecto as gravacións de webinars de difusión de coñecemento sobre diferentes temáticas, coma tendencias plant-based, alegacións de marketing ou innovación en proteínas.
Outro dos logros de AHFES foi a creación dunha serie de materiales formativos que abranguen dende a comprensión dos intereses dos consumidores e a integración deste coñecemento no proceso de innovación, os principais aspectos na xestión do ciclo de vida e da ruta crítica para o desenvolvemento de produtos, ata formación en mercados e internacionalización.
Para rematar, nos últimos meses do proxecto leváronse a cabo actividades de promoción da sustentabilidade ambiental no sector alimentario. Entre outras, salientan o deseño e pilotaxe dun servizo de diagnose de sustentabilidad para empresas, ademais de accións formativas, que permitiron a Clusaga ampliar e mellorar o seu Servizo Circulariza e executalo en varias empresas socias.
Aínda que AHFES chega ao seu fin, a colaboración entre os socios do proxecto non remata aquí. De feito, o pasado mes de febreiro Clusaga presentou unha candidatura ao programa Interreg Atlantic Area 21-27 baseada nos resultados de AHFES e que se centrará en continuar apoiando ás empresas no desenvolvemento de produtos alimentarios innovadores e sostibles, a través de colaboracións con centros tecnolóxicos e servizos de innovación.