O proxecto europeo AgriFoodX5.0, cuxo consorcio compoñen o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), LIC, LitMEA, InovCluster e FPQC, ten o obxectivo de fortalecer a colaboración e o intercambio de boas prácticas e coñecemento entre clústeres para mellorar as súas capacidades de xestión e garantir servizos de excelencia aos seus membros. Unha das iniciativas promovidas no marco do proxecto é o mecanismo de apoio económico ClusterXchange, que Clusaga pon a disposición dos seus socios durante todo 2023, e que permite cubrir gastos de viaxe e aloxamento derivados de estadías curtas noutros países de Europa.
Polo momento, Clusaga ten previsto utilizar este mecanismo para promover a participación conxunta de empresas en feiras, coma é o caso de Hannover Messe; ou realizar visitas de estudo a ecosistemas de innovación, tales como Wageningen (Países Baixos).
Do mesmo modo, os socios de Clusaga pódense beneficiar de ClusterXchange para participar en feiras e realizar visitas de estudo ou comerciais da súa elección, sempre que estas inclúan actividades de networking, identificación de novos socios e creación de oportunidades de negocio, estudos de mercado, desenvolvemento de proxectos, formacións ou capacitacións. Asimesmo, ClusterXchange cobre a visita de provedores ou distribuidores europeos ás instalacións de empresas socias de Clusaga.
As organizacións que teñan previsto participar en feiras, realizar visitas de estudo ou comerciais en 2023, poden contactar con Clusaga no correo industria@clusaga.org para obter máis información sobre este mecanismo e saber se poden utilizalo no seu beneficio.
ClusterXchange conta con financiación da Comisión Europea a través dunha cantidade cuxo limiar varía en función do país de acollida. Esta cantidade é pagada aos visitantes para gastos de viaxe e aloxamento para una estadía que pode durar desde 3 días hábiles construtivos (excluíndo os días de viaxe) ata un mes. Se a duración da estandía é inferior a cinco días laborables (excluído o tempo de viaxe) e/ou a distancia entre as dúas organizacións implicadas é inferior a 200 quilómetros, a suma global redúcese á mitad.
Cada intercambio debe contar cunha organización anfitrioa, que será un clúster ou unha organización membro dun clúster. Para ser elixibles, as organizacións visitantes deben ser pemes, centros tecnolóxicos, institutos de investigación, hubs de innovación, incubadoras ou outras entidades, sempre e cando sexan membros de Clusaga. Tamén existen algunhas prazas a disposición de outros clústeres e os seus socios. A asistencia de Clusaga inclúe a tramitación da solicitude e o pago da axuda, e pode tamén incluír o establecemento da colaboración cunha organización anfitrioa.