
O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) celebrou o pasado 25 de setembro o Demo Day titulado “Do reto ao impacto: transformando o sector alimentario en Galicia a través da innovación”, un encontro no que acudiron 50 asistentes e onde se presentaron doce proxectos de innovación de empresas do ecosistema alimentario galego que contan co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
Durante a xornada, cinco empresas presentaron os seus avances na innovación a través das convocatorias DeseñaPeme e InnovaPeme 2024, tanto na creación de novos produtos que responden a demandas emerxentes do mercado, como na modernización de procesos e organización, fortalecendo a capacidade das empresas para innovar de forma sostible e competitiva.
No marco das convocatorias Deseñapeme e Innovapeme 2024, orientadas a impulsar a competitividade das pemes galegas mediante o deseño e a innovación, cinco empresas do sector alimentario presentaron proxectos que destacan pola súa capacidade de responder a novas demandas do mercado, modernizar procesos e fortalecer a súa competitividade de forma sostible.
A firma Hermanos Paniagua traballou en novas formulacións con ingredientes locais e procesos de destilación a baixa temperatura. A compañía incorporou o ecodeseño na fase de preindustrialización, con prototipos de botella e marca validados en grupos de consumo antes do lanzamento.
O envase e o etiquetado foron pezas clave do proceso: un packaging con maior contido de vidro reciclado que contribúe á mellora da loxística, protexe fronte á humidade e cun deseño máis atractivo para o consumidor. Con esta aposta, Hermanos Paniagua busca reforzar a súa posición no mercado internacional de produtos premium e avanzar no seu compromiso coa sustentabilidade.
A empresa lucense Torre de Núñez presentou na xornada o seu proxecto de desenvolvemento dunha nova liña de produtos cárnicos máis saudables, con menor contido en graxa e un cun packaging optimizado.
O principal reto foi preservar a textura e as características organolépticas dos embutidos tradicionais. Para iso, a compañía desenvolveu probas piloto con potenciais clientes que avalían a viabilidade do lanzamento. O proxecto procura tamén optimizar o uso de materias primas, abrir novas oportunidades de mercado dentro e fóra de España e xerar emprego, nunha iniciativa aliñada coa RIS3 Galicia.
A empresa Dairy Pet (YowUp!), con presenza en 34 países presentou dúas innovacións no marco de Deseñapeme: a introdución de L.casei para cans e gatos, con probióticos resistentes á pasteurización que reforzan o sistema inmunitario dos animais, e unha nova liña de leites funcionais adaptados ás necesidades específicas de cada especie.
Pensada especialmente para cans de idade avanzada, a fórmula favorece a saúde ósea e articular, mentres que en gatos está orientada á hidratación e foi enriquecida con taurina. Produtos de longa vida útil a temperatura ambiente que reforzan a estratexia internacional da compañía nun mercado global en crecemento.
A empresa familiar Embutidos Montepicato deu a coñecer o desenvolvemento dunha gama de nove produtos cárnicos elaborados con razas autóctonas galegas, dirixidos principalmente ao canal HORECA. A compañía apostou desde o inicio por colaborar con produtores locais para garantizar a orixe dos seus produtos, e o packaging desenvolvido achega tamén un valor diferencial.
A gama inclúe referencias como codillo asado, pastrami de vacún, guanciale de porco celta ou pepperoni, todas elaboradas con graxas naturais e cunha clara orientación á calidade.
A cooperativa Airas Moniz desenvolveu o seu proxecto Innovapeme coa creación dunha estratexia estruturada de I+D+i. O plan incluíu a definición dun departamento propio, acompañado dunha folla de ruta baseada nunha análise
Con apoio de Clusaga, realizáronse estudos de mercado que identificaron tendencias de consumo, motivacións de compra e oportunidades competitivas. Ademais, avaliáronse alternativas tecnolóxicas e de procesos, deseñouse de forma preliminar unha nova planta e elaborouse un mapa de axudas e incentivos fiscais para facilitar a implantación de futuros proxectos.
No marco da convocatoria IG408M – IA360 do Igape no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, presentáronse tres proxectos que mostran como a intelixencia artificial pode impulsar a innovación e mellorar a competitividade no sector alimentario galego:
Estes proxectos apoiados polo Igape foron só unha parte das 12 iniciativas totais que se presentaron no Demo Day. Ademais, oito provedores socios de Clusaga aproveitaron a xornada para ofrecer os seus pitches, conectando directamente coas empresas e reforzando a transferencia de coñecemento no sector.
Grazas ao servizo INNPULSA Clusaga participou activamente nestes proxectos, consolidándose como motor da innovación e acompañando ás empresas socias no desenvolvemento de solucións sostibles, competitivas e adaptadas ás demandas do mercado.









