O conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, e o director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Juan Manuel Cividanes, mantiveron este luns, 20 de abril, unha reunión co xerente, presidente e membros do comité executivo do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) para avaliar as necesidades de presente e futuro do sector alimentario galego.
Desde que comezase o estado de alarma con motivo da crise sanitaria da COVID-19, o Clúster Alimentario de Galicia reorganizou a actividade a novas áreas e formas de traballo, á vez que mantivo a execución e desenvolvemento dos proxectos en marcha. Ademais, Clusaga reforzou o seu papel como lobby sectorial, o cal lle permitiu manter unha constante interlocución durante todo isto período de crise sanitaria con representantes do Igape para transmitir as demandas e problemáticas das empresas da industria alimentaria.
Neste sentido, a resposta ofrecida pola Xunta de Galicia para facilitar o financiamento e sostemento do emprego das empresas alimentaria foi a liña de crédito impulsada polo Igape. Nesta reunión, Conde asegurou que se recibiron solicitudes de préstamos por máis de 6 millóns de euros para dar resposta ás necesidades económicas que teñen as compañías do sector da alimentación.
Doutra banda, e #ante a demanda de medidas e equipos de protección individual que garantisen a protección dos traballadores e a seguridade alimentaria, a Xunta de Galicia facilitou a subministración de EPIs ás empresas do sector e traballou na definición de protocolos de actuación fronte ao coronavirus.
Conde agradeceu nesta reunión a resposta e o servizo que está a dar o sector alimentario e todos os seus traballadores ao conxunto dos galegos para atender as necesidades de aprovisionamento durante a crise sanitaria da COVID-19 e destacou o papel estratéxico e esencial da industria nestes momentos. Tamén, mostrou sintonía coas demandas do sector, destacando a necesidade dun plan de recuperación da actividade económica e de reactivación do consumo vinculado á promoción e posta en valor da marca Galicia como de excelencia.
Para iso, Clusaga continuará traballando en todas as áreas que poden exercer como pancas da recuperación e a competitividade a nivel internacionais, tales como: innovación, dixitalización, emprendemento, sustentabilidade, accesos a mercados, análises de novas tendencias e oportunidades e internacionalización.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria comprometeuse a continuar mantendo estas reunións periodicamente co Clúster Alimentario de Galicia, que seguirá comunicándolle as demandas e necesidades que lle transmiten os seus socios.