Rob Maxwell, consumer and márketing project manager do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) visitou do 12 ao 17 de maio Xiamen e Shanghái no marco dunha misión do proxecto New Frontiers in Food Fast Forward (NF4).
A delegación incluía 16 pemes europeas, dentro das cales sete eran españolas. Entre elas atopábanse as nosas empresas socias: Central Lechera Gallega, Dairylac, Galifresh, Montealbor, Ecovinal e Casa Santoña.
Ditas entidades representaban a diferentes áreas do sector alimentario, desde innovación e tecnoloxía ata ingredientes e produtos en si. Esta mestura de empresas permitiu un excelente intercambio de ideas, que foi en beneficio de todos os asistentes. Durante a misión, a delegación puido aproveitar varios eventos e oportunidades, tales como:
– Visitas ao supermercado para coñecer mellor ao consumidor chinés
– Asistencia a centros de investigación e innovación (como o campus de innovación DSM Shanghái e o Shanghái Ocean University)
– Eventos de networking
– Asistencia a SIAL Shanghái (a feira máis importante de alimentación en Asia)
– B2B reunións con clientes potenciais en Shanghái
Ao longo da misión, cada empresa asistente puido obter información de gran utilidade sobre o mercado chinés e desenvolver relacións comerciais.