O Cluster Alimentario de Galicia (Clusaga) acude ao primeiro dunha serie de 15 obradoiros que terán lugar en rexións da UE ao longo de 2022-23 e están organizados pola European Cluster Collaboration Platform (ECCP) baixo o título “Clusters meet Regions”.
Este encontro, que se celebra os días 16 e 17 de febreiro no marco do Foro Transfiere (Málaga), estructúrase en liña coas prioridades establecidas pola rexión de Andalucía e a Estratexia Industrial Europea actualizada en maio de 2021. Pola súa banda, Clusaga acude co obxectivo de impulsar a colaboración interrexional e consolidar o seu papel coma dinamizador do sector agroalimentario en Galicia.
Estes obradoiros reunirán aos clústers e aos responsables políticos da UE, a nivel nacional, rexional e local para aprender uns doutros como empregar mellor os clústers para fortalecer os ecosistemas industriais, servir ao desenvolvemento económico nacional e rexional e servir de ligazón con outras rexións con retos de transición similares.
As rexións da UE deben ser capaces de competir con outras economías máis avanzadas e emerxentes nunha contorna económica e social que cambia rapidamente, en particular no período de recuperación post Covid-19.
Neste contexto, e dado que os clústers constitúense coma motores clave do desenvolvemento e crecemento rexional, a ECCP organiza estes 15 obradoiros nas rexións da UE que amosen interese en acollelos como parte do ciclo “Clusters meet Regions”.