O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) participou xunto a dez empresas socias no primeiro workshop do proxecto piloto “Implantación de metodoloxías de deseño no sector alimentario” que a Axencia Galega de Innovación (GAIN) organizou nas súas instalacións.
Dita xornada, que está enmarcada dentro do Programa de Deseño para a Innovación 2020, resultou de gran interese para as dez empresas socias do Clúster que participaron. Concretamente, estas foron Bodegas Martín Códax, Cafés Candelas, Casa Grande de Xanceda, Congalsa, Coren, Dairylac, Grupo Nueva Pescanova, Queixería Barral, Paco & Lola e Portomuiños. Nela abordáronse, entre outras, a tecnoloxía Jobs to be done baseada no cliente.