O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) outorgou os seus Premios Honoríficos Galicia Alimentación 2020 a Juan A. Vázquez Gancedo, director xeral de Bodegas Martín Códax e expresidente do Clúster, e, a título póstumo, a David Corral Pombo, fundador de Mieles Anta.
A xunta directiva de Clusaga concede esta distinción a personalidades destacadas que contribuíron co seu labor ao desenvolvemento do sector alimentario en Galicia e nesta ocasión, e por unanimidade, decidiuse elixir a estes dous profesionais polas súas destacadas carreiras laborais.
Por unha banda, no caso de David Curral Pombo, a xunta directiva ha destacado a súa “incansable labor a favor do impulso do desenvolvemento rural de Galicia”, así como “a xeración de valor no sector agroalimentario galego, baseado na sustentabilidade e a innovación”. Durante a súa carreira contribuíu, ademais, ao recoñecemento internacional dos produtos marca Galicia baseados na calidade e autenticidade.
Pola súa banda, o premio honorífico a Juan A. Vázquez Gancedo pretende ser un recoñecemento e agradecemento ao seu traballo e implicación no Clúster Alimentario de Galicia ao longo do seu dez anos de existencia. Ademais de ser socio fundador da entidade, ocupou a vicepresidencia do mesmo durante cinco anos e a presidencia outro catro. Na actualidade, permanece vinculado a esta institución como vogal da xunta directiva. Os seus compañeiros elixírono como merecedor deste premio porque o seu labor en favor do sector alimentario galego en xeral e no ámbito vitivinícola, en especial, “cun constante traballo orientado ao mercado e a unha decidido aposta pola cooperación, a innovación e a sustentabilidade” foron de gran importancia para o desenvolvemento e crecemento desta industria.
O Clúster Alimentario de Galicia leva organizando desde o ano 2014 os Premios Galicia Alimentación co apoio de colaboradores e patrocinadores de carácter público e privado, entre os cales se atopan este ano con patrocinio ouro Caixa Rural Galega, Gadis e Vegalsa Eroski. A entrega dos galardóns terá carácter presencial na Cidade da Cultura con aforamento limitado o próximo 24 de setembro e será retransmitirá vía internet.
O obxectivo destes premios é contribuír a promocionar os produtos alimentarios e bebidas galegos, así como os proxectos, empresas e institucións relacionadas, mellorar a súa imaxe e posición de maneira que adquiran unha importancia relevante tanto dentro do sector alimentario, como da sociedade en xeral.
Outros gañadores honoríficos dos Premios Galicia Alimentación en anos anteriores foron o exgerente de Aceites Abril, José Manuel Pérez, (2019) e o exdirector xeral de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) (2016) e expresidente de Clusaga.