O prezo e as promocións constitúen un gran protagonismo nas decisións de compra dos consumidores debido á crise sanitaria actual, segundo os datos do primeiro estudo sobre a importancia das promocións en tempos de COVID-19, desenvolvido por dcoupon e presentado nun webinar organizado por Clusaga o 20 de novembro.
Concretamente, un 81% dos compradores define que o prezo e as promocións son clave á hora de decidir a que supermercado ir. Séguenlle o trato persoal (un 34%) e a variedade de produto no establecemento (un 33%).
O estudo, realizado a máis de 1.000 persoas, detectou que máis do 80% dos consumidores afirman que as promocións lle inflúen á hora de decidir sobre que marcas comprar. Doutra banda, o 65% opina que, en función das promocións que buscan ou atopan, elixen onde facer a compra.
Xavier Cros, experto en shopper, explicou, durante a presentación deste estudo no webinar “A importancia das promocións en tempos de COVID-19 para o shopper galego”, que o 92% dos usuarios considera que unha boa promoción é un gran aliciente para probar novos produtos, incentivando a que as marcas sigan traballando nos seus lanzamentos e intégrense á plataforma.
Os enquisados tamén revelaron que as promocións xogan cada vez un papel máis importante nas súas preferencias de compra, a pesar de que un 63% dos compradores cren que as promocións actuais non se adaptan ás súas necesidades. Para un 46% os descontos non se axustan aos seus hábitos de compra.
Doutra banda, o 80% dos enquisados afirmou utilizar o móbil mentres fai a compra nos supermercados, xa sexa para buscar ofertas en aplicacións, mirar a lista de compras ou simplemente para falar por teléfono.
Neste sentido, aínda que o folleto segue sendo a fonte de información para un 55% dos compradores enquisados para decatarse de ofertas e promocións, segundo o estudo de dcoupon, o 81% da mostra entrevistada ha declarado utilizar medios dixitais para informarse das promocións nos supermercados.