Un dos obxectivos do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) é mellorar o posicionamento das empresas alimentarias galegas nos mercados internacionais. Por iso, apoiado pola convocatoria IG208 del Instituto Galego de Promoción Económica, organizou unha misión comercial inversa de Países Baixos los días 5, 6 e 7 de outubro.
Esta iniciativa permitiu ás empresas socias Hornos Lamastelle, Embutidos Montepicato, Lugar Da Veiga, Distribuciones Lorri, Aceites Abril, Torre de Núñez, Viña Costeira, Cafés Candelas, Queixería Barral, Viñas e Adegas Galegas, Mieles Anta, Jealsa Rianxeira e Real Conservera Española estreitar relacións comerciais con catro importadores procedentes de Países Baixos: La Venta Groothandel, Alegre Import, Bergfood e Foodelicious Wholesale.
A misión levouse a cabo a través de dúas modalidades. A primeira, que se extendeu ao longo dos tres días de misión, consistiu na organización de reunións cos importadores nas instalacións do AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela, onde as empresas participantes tiveron a oportunidade de xerar contactos e mostrar os seus produtos. A segunda modalidade incluiu visitas a fábricas ou adegas cos importadores, que se realizaron na xornada do xoves e a mañá do venres.
Os distribuidores invitados foron os responsables de seleccionar as categorías de produto nas que estaban interesados, e a Área de Mercados de Clusaga encargouse de organizar as axendas en función das empresas socias que manifestaron interese en participar nesta acción de internacionalización promovida polo clúster.
Deste modo, a participación nestes encontros incluiu tanto a confección dunha axenda personalizada, coma a difusión dos perfiís das empresas entre os importadores invitados a través dun directorio, e supuxo unha oportunidade para que os asociados establecesen contactos e mellorasen as súas relacións internacionais, facilitando a proxección do sector alimentario de Galicia.
Países Baixos conta con máis de 17 millóns de habitantes, e está considerado entre os países máis globalizados do mundo. Posúe unha gran combinación de etnias e culturas, ademais dun constante tránsito de mercadorías que entran polos seus portos, sendo Rotterdam o máis importante (e o maior de Europa).
O seu comercio exterior representa un dos principais pilares da súa economía. Asimesmo, o comercio minorista avalíase en máis de 80.000 millóns de euros e os consumidores seguen preferindo as tendas dos seus barrios, o que fai que as pequenas tendas especializadas manteñan unha cota importante no mercado de distribución de Países Baixos.