Un dos compromisos que recolle o Plan Estratéxico 2021-2025 do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) é a dinamización de actividades no marco do E-Commerce. Nesta liña, Clusaga, o Clúster do E-Commerce Galego e o Clúster da Comunicación en Galicia celebraron esta mañá unha xornada dirixida a empresas socias de Clusaga con interese en desenvolver novas estratexias en marketing dixital.
O evento, que tivo lugar no Edificio FEUGA (Santiago de Compostela), contou coa participación de Roberto Alonso, director de Clusaga; Marina Alfonsín, Project Manager da Área de Mercados e Internacionalización de Clusaga, Xosé Luis Reza, presidente do Clúster do E-Commerce Galego; María del Carmen García, xerente del Clúster da Comunicación en Galicia; e Judit Cabana, vicepresidenta do Clúster do Ecommerce Galego.
Durante a benvida á xornada, Roberto Alonso salientou a importancia de impulsar a entrada das empresas de alimentación e bebidas de Galicia en novas canles de venda a través de xornadas coma esta, que lles permiten explorar novas estratexias e oportunidades da mano de expertos.
O obxectivo do encontro, a través dunha mesa redonda e dous relatorios, foi dar a coñecer diferentes ferramentas e oportunidades no ámbito do E-Commerce e o makerting dixital entre empresas socias de Clusaga. Así, o panel de expertos composto por representantes de BySidecar, Roi Scroll, Redegal, Wired&Linked e Roi Up, animou ás empresas a explorar distintas canles e formatos de venda online.
Os relatorios abordaron cuestións como o éxito das webs das empresas vinculado ao SEO, a aposta polas estratexias full funnel, ou a importancia de definir unha boa folla de ruta para estar presentes nun market place. Tamén se puxeron en valor medios de difusión máis tradicionais como a televisión, que segue crecendo en inversión e usuarios cada ano e permite unha ppublicidade moi segmentada e adaptada a todos os orzamentos; e se debatiu en torno ás diferencias entre omnicanle e multicanle.
O encontro rematou cunha sesión B2B na que as empresas puideron trasladar de forma individualizada as súas necesidades e inquedanzas aos expertos que impartiron a xornada.