O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organizou co apoio da Universidade dá Coruña o ciclo de webinars “O Pacto Verde Europeo, a economía circular e a súa repercusión sobre o sector alimentario: unha aproximación xurídica”, que se desenvolveu durante os días 22 de xaneiro, 5 e 19 de febreiro.
Este curso forma parte das actividades de información e formación planificadas pola Comisión de Sustentabilidade e Economía Circular de Clusaga, que foi creada a finais de 2019 co obxectivo de impulsar sistemas alimentarios sustentables na cadea de valor de Galicia e de garantir o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentables.
As sesións analizaron as novidades xurídicas máis significativas derivadas do Pacto Verde (Green Deal) da Unión Europea e do Plan de Economía Circular, pondo o foco no sector dos alimentos e as bebidas, as novas directivas sobre residuos e plásticos e os proxectos normativos de transposición das mesmas no ordenamento xurídico español.
O ciclo de webinars foi impartido por F. Javier Sanz Larruga, catedrático de Dereito Administrativo e experto en Dereito Ambiental, René Santamaría Arinas, profesor titular de Dereito Administrativo e experto en Dereito Ambiental e Dereito dos residuos, J. José Pernas García, profesor titular de Dereito Administrativo e experto en Dereito Ambiental, e Laura Salamero Teixedó, profesora de Dereito Administrativo da Universidade de Lleida e experta en Dereito da saúde e Dereito Alimentario.