O consorcio do proxecto FoodTechINK, que estuda o uso de indicadores colorimétricos para monitorizar a calidade e a cadea de frío en alimentos frescos envasados, desprazouse hoxe ás instalacións do Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) en San Cibrao das Viñas para celebrar o seu evento de clausura. FoodTechINk está coordinado polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e financiado pola convocatoria 2021 do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI) do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.
En primeiro lugar interveu Javier Osuna en nome de Clusaga, para falar sobre a importancia do envase activo e intelixente no sector alimentario. Salientou que na actualidade o 49% dos produtos frescos non aptos para a venda, pero si para o consumo vai directamente ao lixo en España, fronte ao 27% que se recicla ou reutiliza e o 24% restante que se dona. A incorporación de innovacións tecnolóxicas no envasado deste produto fresco pode axudar a reducir o desperdicio alimentario e, ao mesmo tiempo, aforrar custos ás empresas agroalimentarias, supermercados e distribuidoras de produtos frescos envasados.
Roberto Bermúdez, do CTC, centrouse no incremento da vida útil do xamón cocido mediante envases activos. Destacou que o uso deste tipo de envasado, incorporando extractos naturais coma o té verde e o aceite esencial de ourego, en combinación cunhas boas condicións de almacenamento, pode retrasar o deterioro e a oxidación de produtos cárnicos coma este, mantendo as propiedades sensoriais inalteradas.
Enrique Vesteiro, de Cofrico, falou sobre a aplicabilidade de modelos matemáticos na cadena de frío do produto fresco envasado. Sinalou a importancia e beneficios de aplicar os modelos matemáticos á industria alimentaria para ter un mellor control e redución de pérdidas dos produtos perecederos, destacando o sinxela que é de incorporar esta metodoloxía á industria.
Pola súa banda, María Eugenia Martín, de ColorSensing, puxo o foco en que o uso das súas etiquetas intelixentes pode contribuir a reducir o desperdicio alimentario determinando a calidade do envasado, a frescura do alimento e a integridade da cadea de frío. Miriam Marchena, responsable de I+D da startup, explicou as probas de validación das etiquetas intelixentes realizadas durante o proxecto con carne e peixe, cuxos resultados preliminares amosan que son capaces de detectar fugas no envase e alteracións na frescura do produto envasado.
Por último, Ricardo Castro, de Vegalsa-Eroski, expuxo o impacto que supón o desperdicio alimentario para o sector da distribución. Quixo salientar a oportunidade que ofrecen estes novos modelos de etiquetado, que aportan maior produtividade e trazabilidade ao longo de cadea de subministro e, ao mesmo tempo, maior seguridade e confianza aos consumidores.
Os membros do consorcio do proxecto, así como o resto de asistentes que participaron na jornada, concluíron este evento de clausura cunha visita guiada polas instalacións do Centro Tecnolóxico da Carne, nas que se realizaron parte das probas piloto correspondentes ao proxecto.
O evento foi clausurado por Roberto Alonso, xerente de Clusaga, para quen FoodTechINK é “unha clara demostración de que o sector está preocupado polo desperdicio alimentario nun contexto de déficit de recursos, e de que aposta claramente por avanzar no desenvolvemento de soluciónss innovadoras que axuden a reducilo, facendo que a cadea de valor agroalimentaria sexa moito máis sustentable”.