As pequenas e medianas empresas do sector alimentario no Espazo Atlántico teñen a oportunidade de participar en proxectos piloto impulsados por Hub4Food en colaboración cos seus centros tecnolóxicos. Estes proxectos teñen como obxectivo levar a cabo estudos de viabilidade, actividades de explotación e demostración, co fin de probar tecnoloxías que respondan ás necesidades do sector.
A convocatoria está dirixida a pymes interesadas en participar nun proxecto piloto, e seleccionarase un total de 12 proxectos para o seu desenvolvemento dentro desta iniciativa.
Os proxectos piloto son proxectos de colaboración que se levarán a cabo entre unha pyme alimentaria situada nunha rexión do Espazo Atlántico (entre elas Galicia) e un centro tecnolóxico de Hub4Food.
Deben abordar polo menos un dos subsectores alimentarios obxectivo de Hub4food:
Os proxectos piloto deben ter como obxectivo utilizar ou explorar os recursos mariños como fonte de ingredientes ou produtos. E poden abordar diferentes temas e tecnoloxías, como novas estratexias para prolongar a curta vida útil do marisco, formulacións alimentarias innovadoras con propiedades funcionais, biorrefinarías mariñas, produtos mariños innovadores con maior valor engadido, para mellorar o uso do peixe infravalorado e os subprodutos da pesca e a acuicultura, casos prácticos de procesamento avanzado de imaxes, produción de hidrolizados de proteínas de peixe (FPH), extracción de hidrocoloides de algas mariñas, aplicación da tecnoloxía de alta presión e validación saudable de produtos alimentarios.
Os proxectos piloto deben ser de nivel TRL6 (Technology Readiness Level) ou superior e estímase que teñen unha duración de uns 8 meses.
Débese descargar a guía de solicitude e cubrir o formulario de solicitude.
Unha vez cumprimentado, debe enviarse a info@hub4food.eu antes do 31 de xaneiro de 2025 (17h CET).
O proxecto Hub4Food, coordinado por Clusaga, busca ser un polo de innovación para o sector agroalimentario atlántico. Reúne a clústeres e redes agroalimentarias (BIA Innovator Campus, Clusaga, EIT Food South, InovCluster e Valorial) e centros tecnolóxicos (ANFACO-CECOPESCA, CATAA, LEMPA, MARE-IPLeiria, PRAXENS e Teagasc) de Francia, Irlanda, Portugal e España.
A través das súas actividades, Hub4Food mellorará as capacidades de innovación e as conexións do ecosistema da industria alimentaria atlántica. Tamén fomentará o desenvolvemento de produtos alimentarios novos e mellorados (centrándose nos de orixe mariña) e o ensaio de tecnoloxías innovadoras como os servizos de apoio ás empresas, en particular ás PYME.
Hub4Food está cofinanciado polo programa Interreg Atlantic Area 2021-2027.