O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) vén de desprazarse a Helsinki (Finlandia) para a celebración dun obradoiro interrexional enmarcado no proxecto europeo Value4Pack, de cuxo consorcio forma parte. Value4Pack, financiado polo Interregional Innovation Investments Instrument (I3), busca abordar os desafíos da industria de envases alimentarios, mellorar a súa capacidade de innovación e inversión, e construír un ecosistema interrexional resiliente que, a través da colaboración intersectorial, permita avanzar cara a economía circular.
O obradoiro, celebrado o 22 de maio, tivo o obxectivo de identificar oportunidades para impulsar a innovación en rexións menos desenvolvidas, a través da colaboración entre as 30 que compoñen o consorcio de Value4Pack. Nomeadamente, Raquel Díaz, técnica de proxectos da Área de Innovación, Transformación Dixital e Emprendemento, acudiu ao evento en representación de Clusaga.
Durante o evento, levouse a cabo un intercambio de boas prácticas e benchmarking entre rexións máis e menos desenvolvidas, enfocándose nos desafíos, obstáculos e oportunidades de cada rexión. Debatéronse tamén as competencias relevantes para os Sistemas Regionales de Innovación (SRI), especialmente en relación cos principios 4R (Reducir, Reutilizar, Reciclar e Recuperar).
Como resultado deste encontro, o consorcio do proxecto lanzará unha convocatoria de propostas de cooperación dirixida ás pemes do sector alimentario e de envases de Galicia. O obxectivo será pechar as brechas de innovación na cadea de packaging alimentario da UE, apoiando solucións e iniciativas impulsadas pola industria e aliñadas cos principios 4Rs. Entre as iniciativas planificadas se inclúen:
Toda a información ao respecto da convocatoria, datas e outros datos chave, serán publicados na web de Clusaga nas próximas semanas.