Os socios do proxecto INTERTECH, co liderado de Clusaga e a participación de DIHGIGAL, ACLUNAGA, CEAGA, CLUSTER TIC, rematamos con éxito o PT1. Análise da situación e problemática actual, estudio sectorial 4.0. O obxectivo desta actividade era coñecer a situación de partida para a xeración dunha plataforma identificando as problemáticas actuais principais das que adoitan as plataformas colaborativas e incubadoras existentes. Detectáronse as características desexables para alcanzar os obxectivos, o que permitirá sentar as bases dos requisitos a nivel funcional óptimos, tanto a nivel recursos dixitais como incubadora, que deberá cumprir a plataforma INTERTECH 4.0. ´
Damos grazas a todas as empresas e expertos que participaron nesta tarefa achegando os seus coñecementos para lograr definir con exactitude a problemática, o punto de punto de partida e os requisitos da futura plataforma INTERTECH 4.0.