Jamones González, empresa familiar de O Corgo (Lugo), está a liderar o proxecto DESEÑA PEME JAMONES GONZÁLEZ, unha iniciativa financiada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) no marco do programa Deseña Peme 2023. O obxectivo principal é o desenvolvemento dunha nova gama de produtos derivados do xamón, coa intención de ofrecer alternativas novidosas e sostibles que se diferencien claramente da competencia.
A través deste proxecto, Jamones González aplicou novas tecnoloxías de procesado e packaging, permitindo mellorar as propiedades organolépticas dos seus produtos e ampliar a súa vida útil. Isto tradúcese nunha nova gama de xamón en liscos, fácil de consumir e cun packaging sostible, que busca incrementar a competitividade da empresa tanto no mercado nacional como no internacional.
Ademais, desenvolveron produtos de conveniencia premium, con receitas innovadoras baseadas en xamón de alta gama, pensadas para ofrecer ao consumidor unha solución rápida e de calidade.
O proxecto conta co apoio de diversos colaboradores de prestixio como o Basque Culinary Center, AINIA, ITACYL, USC, ADARVE e Medrar Smart Solutions, ademais da participación de Clusaga. Desde Clusaga impulsouse esta iniciativa a través do seu servizo INNPULSA, que apoia ás empresas asociadas nas súas estratexias de I+D+i.
Con esta aposta pola innovación, Jamones González busca manterse á vangarda do mercado, combinando a súa tradición artesanal coa incorporación das tecnoloxías máis avanzadas en calidade e seguridade alimentaria, eficiencia enerxética e compromiso medioambiental.
O proxecto DESEÑA PEME JAMONES GONZÁLEZ representa un importante avance para a empresa, que agora ofrece ao mercado produtos innovadores e sostibles, adaptados ás demandas dos consumidores modernos e cunha clara orientación cara á internacionalización.