A Unión Europea presentou o 20 de maio a estratexia “Da Granxa á Mesa”, un dos eixos do Pacto Verde (Green Deal) co obxectivo de avanzar cara a unha agricultura sostible, máis respectuosa co medioambiente e os consumidores.
Esta estratexia establece obxectivos concretos para transformar o sistema alimentario para os próximos 10 anos, tales como: reducir un 50% o uso de pesticidas e antibióticos, diminuír un 20% o uso de fertilizantes e alcanzar un 25% de terras agrícolas dedicadas á agricultura ecolóxica en 2030.
Neste sentido, a estratexia Da Granxa á Mesa fortalecerá o traballo para abordar o cambio climático, protexer o medioambiente, preservar a biodiversidade e fomentar a economía circular. Concretamente e co fin de acelerar a transición a un sistema alimentario sostible os seus grandes obxectivos son:
Ademais, a estratexia establece iniciativas regulatorias e non regulatorias, coas políticas agrícolas e pesqueiras comúns como ferramentas clave para apoiar unha transición xusta e presentará unha proposta para un marco lexislativo que apoie a implementación da estratexia e o desenvolvemento dunha política alimentaria sostible.
Doutra banda e tras a situación xeradora pola COVID-19, Comisión Europea desenvolverá un plan de continxencia para garantir a subministración de alimentos e a seguridade alimentaria ante este tipo de escenarios.
Máis info: ec.europa.eu/food/farm2fork