O 13 de setembro de 2021, o EU SME Centre e o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) renovaron o acordo de colaboración asinado con anterioridade, en novembro de 2016. A colaboración previa entre el EU SME Centre e Clusaga incluíu talleres de formación sobre cómo exportar alimentos e bebidas, apoio en misións comerciais e feiras internacionais, como por exemplo SIAL. Así coma, asesoramento para a apertura da oficina do Clusaga en Shanghai.
A renovación deste Acordo de Colaboración proba o compromiso de ambas partes para fortalecer a futura cooperación a través do deseño e a implementación das actividades comerciais relacionadas con China, de interese para Clusaga e a súa rede de Pemes. O Clusaga celebra restablecer esta cooperación e crear sinerxias co EU SME Centre para brindar un mellor apoio aos seus membros. Sobre o EU SME Centre O EU SME Centre en Beijing ofrece unha amplia gama de servizos de apoio a Pemes, preparándoas para establecer relacións comerciais con China. O seu equipo de expertos proporcionan asesoramento e apoio en catro áreas:
Colaborando con expertos de todo o mundo, o EU SME Centre convirte valiosos coñecementos e experiencias en ferramentas prácticas para o desenvolvemento de negocio e servizos fácilmente accesibles en liña. Desde consellos de primeira liña a solucións técnicas en profundidade, eles ofrecen servizos a través do:
O centro foi fundado pola Unión Europea e implementado por un consorcio de cinco membros- a China-Italy Chamber of Commerce in China, a China-Britain Business Council, a Danish Chamber of Commerce in China, As EUROCÁMARAS e a Cámara de comercio da Unión Europa en China Para saber máis sobre o EU SME Centre, visita o seu sitio web www.eusmecentre.org.cn .