En colaboración coa Federación Española de Industrias de Alimentación y Bebidas (FIAB) e a Cámara de Comercio de A Coruña, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), organizou a participación das empresas socias interesadas no pavillón agrupado español na Feira SIRHA LYON, que se celebrou en Eurexpo Lyon, do 23 ao 27 de setembro de 2021.
En concreto, nesta última edición acudiron, a este salón profesional, representantes das empresas galegas socias: Innolact, Jealsa, Lugar DaVeiga, Portomuiños e Torre de Núñez.
Esta é a 20ª edición deste gran evento profesional que se celebra cada dous anos en Lyon (Francia), referente do sector HORECA no mercado francés. Desde os seus inicios, este salón converteuse en cita ineludible a nivel mundial do sector da restauración, o Food Service e de todos os sectores afíns.
A pesar de tratarse dunha edición aínda marcada pola pandemia e cunha presenza internacional limitada debido ás restricións, segundo as últimas cifras publicadas pola organización, Sirha Lyon reuniu en 2021 a 2.116 expositores e marcas e a un total de 149.100 profesionais que percorreron os corredores do salón. A Feira tamén supuxo a presentación de 350 innovacións ao público, así como máis de 60 concursos e eventos.