O pasado 29 de novembro, na Ciudade da Cultura de Galicia, celebrouse o Demo Day das V e VI edicións de Business Factory Food (BFFood), a aceleradora vertical do sector alimentario galego dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) co impulso da Xunta de Galicia. Este evento reuniu startups que presentaron proxectos innovadores centrados na dixitalización, sustetabilidade e o desenvolvemento de novos produtos alimentarios.
Durante a súa intervención, o CEO de Clusaga, Juanjo de la Cerda, destacou a importancia deste encontro como plataforma para amosar o potencial de innovación do sector alimentario galego. “Desde Clusaga, traballamos para crear un ecosistema que faga posible a colaboración entre startups e grandes empresas, un factor clave para o crecemento sostible do sector”, sinalou.
O evento comezou cunha ponencia de Jaime Martín, Founder & CEO de Lantern Consulting, quen compartiu unha profunda reflexión sobre as tendencias futuras na innovación alimentaria. Co seu análise, Jaime ofrecendo unha visión clara sobre os retos e oportunidades que marcarán o futuro do sector alimentario. Durante a súa intervención, abordou aspectos clave como a agricultura rexenerativa, as dietas máis vexetais, o packaging sostible e a explosión sensorial. As súas ideas proporcionaron unha base sólida para as startups que participaron no evento, quen xa están integrando estes enfoques innovadores nas súas solucións.
O Demo Day reuniu a doce startups que presentaron solucións para os grandes desafíos da industria alimentaria en áreas como a dixitalización, a sostibilidade e o desenvolvemento de novos produtos. As empresas seleccionadas foron ACUIOT, Logicmelt, Gradhoc, Agro4Impact, Amarela Leaf Whey, Empromar, Impact Upcycled Foods, Remolonas, Dairypet, Fruiwa, Perusiñas e Salmoira. Estas startups participaron en rondas temáticas onde presentaron innovacións como a monitorización intelixente da produción acuícola, a creación de envasas biodegradables, e bebidas adaptadas para dietas específicas, entre outras propostas transformadoras para o sector.
A xornada tamén contou con dous paneis moi relevantes. No primeiro, moderado por Noelia Dosil, Responsable de BFFood, analizáronse as claves para establecer colaboracións exitosas entre startups e grandes empresas. A xestión flexible, a mentoría e a adaptación aos desafíos iniciais foron algúns dos puntos tratados.
No segundo panel, moderado por Noelia Vilar, Directora de Innovación e Transferencia Tecnolóxica de FEUGA, abordáronse as oportunidades de investimento no sector alimentario. Os expertos subliñaron a importancia de contar con equipos sólidos e adaptables e a perseveranza na captación de capital para consolidarse no mercado.
Ao finalizar cada ronda de presentación dos pitch, os asistentes tiveron a oportunidade de votar pola mellor startup do evento. O galardón foi para Empromar, pola súa solución innovadora para predecir episodios tóxicos na industria do mexillón. Sergio Ferrol, CEO de Empromar, recolleu o premio de mans de Covadonga Toca Carús, Directora Xeral do IGAPE, agradecendo o recoñecemento e destacando o apoio que iniciativas como BFFood brindan á innovación no sector.
Ao peche do evento, Juanjo de la Cerda reafirmou o compromiso de Clusaga de seguir apoiando o emprendemento e a innovación no sector alimentario. Anunciou que se desenvolverán tres novas edicións de BFFood, co apoio do IGAPE e XesGalicia, e que a convocatoria da VII edición abrirase no primeiro trimestre de 2025.
Este Demo Day volveu ser un exemplo de como as startups galegas están liderando a transformación do sector alimentario, nunha xornada chea de innovación, colaboración e oportunidades de futuro.