
O Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acolleu o pasado xoves 2 de xullo o PitchDay da VIII edición da Business Factory Food (BFFood), a aceleradora especializada no sector agroalimentario promovida pola Xunta de Galicia e impulsada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga).
Ao longo da xornada, 21 proxectos innovadores do ámbito foodtech presentaron as súas propostas ante o comité de selección, empresas tractoras, entidades colaboradoras e profesionais do ecosistema agroalimentario, nun encontro clave para seleccionar as iniciativas que formarán parte das fases de aceleración e consolidación da oitava edición da BFFood.
A sesión foi inaugurada por Roberto C. Alonso Ferro, director de Clusaga, mentres que a benvida institucional correu a cargo de Patricia López Quintiá, subdirectora de Innovación Empresarial do Igape, quen puxo en valor a traxectoria da Business Factory Food, un programa que xa acompañou 87 proxectos emprendedores, moitos deles convertidos en empresas que hoxe contribúen a xerar emprego, innovación e valor engadido para o sector agroalimentario galego. A apertura da xornada estivo conducida por Noelia Dosil Mayán, coordinadora da Área de Innovación, Transformación Dixital e Emprendemento de Clusaga.
Durante os tres primeiros bloques da xornada, 13 proxectos procedentes da fase de incubación defenderon as súas propostas para optar a unha das 10 prazas do programa de aceleración.
As startups participantes foron:
Na segunda parte do PitchDay foi a quenda dos oito proxectos finalistas que optan a unha das seis prazas do programa de consolidación, orientado a startups cun maior grao de madurez empresarial.
Participaron neste bloque:
A xornada concluíu cun recoñecemento ao elevado nivel das presentacións e ao traballo desenvolto polas startups participantes. A resolución coa relación de proxectos seleccionados para incorporarse aos programas de aceleración e consolidación da VIII edición da Business Factory Food darase a coñecer o 6 de xullo, trala avaliación do comité e ratificación de Igape.









