O pasado 31 de xaneiro de 2024 finalizou o proxecto europeo Cluster Excellence Improvement through Cluster Exchange for Industry 5.0 (AgriFoodX5.0), de cuxo consorcio formou parte o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga). AgrifoodX5.0, financiado polo “European Cluster Excellence Programme with ClusterXchange scheme” do programa COSME, tivo como obxectivo fortalecer a colaboración e o intercambio de boas prácticas e coñecemento entre clústeres para mellorar as súas capacidades de xestión e garantir servizos de excelencia aos seus membros.
Pola súa band, Clusaga colaborou no consorcio xunto ao coordinador do proxecto Lithuanian Innovation Centre, Lithuanian Food Exporters Association (LitMEA), Associação do Cluster Agro-Industrial do Centro (Inovcluster) e Latvian Food Products Quality Cluster (FPQC), para ofrecer ás pemes do sector alimentario un programa de servizos baseado na excelencia que lles permitise avanzar cara a Industria 5.0.
Entre as actividades levadas a cabo polo proxecto AgriFoodX5.0 cabe salientar a organización dun hackathon, eventos de matchmaking e a promoción de ClusterXChange, un mecanismo de apoio económico para intercambios e estancias curtas de empresas en países europeos para asistir a Feiras e Misións Comerciais, co obxectivo de abrir novas oportunidades de crecemento en mercados emerxentes.
En cuanto aos resultados obtidos, cabe salientar que 10 empresas, entre as que se encontran as socias de Clusaga Campomayor, Salmoira, TasteLab, Berete, Palacio de Oriente, Quescrem e Torre de Nuñez, beneficiáronse dos cheques de ClusterXchange. Do mesmo xeito, durante o Foro e Premios Galicia Alimentación 2023 de Clusaga, celebráronse 100 reunións B2B grazas ao apoio do proxecto, que levou ás socias de Clusaga Bodegas Martín Códax, Campomayor, Lugar da Veiga, Nueva Pescanova, Salmoira, TasteLab, AOTECH e 3D Essence Food a establecer acordos de colaboración para a adopción de tecnoloxías innovadoras, dixitalización e solucións sostibles.
Ademais, en relación coa execución deste proxecto, Clusaga acaba de renovar a Bronze Label, un recoñecemento ao seu compromiso constante coa excelencia e a innovación na industria alimentaria. A súa participación no intercambio de coñecementos con outros clústeres contribuíu significativamente a mellorar as prácticas de xestión en toda a rede, exemplo do cal foi o evento organizado en Galicia para os membros do consorcio, onde puideron coñecer a algunhas das empresas socias do Clúster máis destacadas.
Estes resultados non só evidencian o compromiso de Clusaga coa excelencia e a innovación, senón que tamén consolidan a súa posición como líder no pulo da competitividade e a sustentabilidade da industria alimentaria.