AHFES (Atlantic Area Healthy Food Eco-System), un dos proxectos coordinados desde o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), chega ao seu fin tras máis de tres anos de intenso traballo colaborativo. A misión do proxecto, cofinanciado polo Programa Interreg Atlantic Area a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, foi crear un ecosistema de alimentos saudables na zona atlántica de cuádruple hélice (autoridades públicas, industria, investigación e ciudadáns) para o crecemento de pemes.
Os pasados días 7 e 8 de febreiro, o consorcio do proxecto reuniuse en Galway para celebrar o evento de peche desta iniciativa. Durante a primeira xornada, Ana Felgueiras, coordinadora de Programas Europeos de Clusaga, expuxo ante as persoas asistentes as motivacións que uniron ao consorcio do proxecto e os logros acadados. Por outra banda, Noelia Dosil Mayán, coordinadora da Área de Innovación, Transformación Dixital e Emprendemento do Clúster, presentou un resumo dos achados clave e das diferentes análises de mercado e consumo desenvolvidos no marco de AHFES.
No segundo e último día de encontro, as temáticas abordadas xiraron en torno aos consumidores e a sustentabilidade. A sesión reuniu a persoal investigador da Universidad de Galway, que abordaron tendencias e pautas de consumo para desenvolver alimentos saudables e sostibles en liña coas preferencias do consumidor. Perla Ferrer, coordinadora da Área de Sustentabilidade de Clusaga, interviu compartindo co resto de asistentes prácticas sustentables na innovación de alimentos saudables.
Este evento serve como despedida de AHFES, pero na web do proxecto siguen dispoñibles informes de interese e materiais de capacitación. Ademais, as valiosas lecciónss aprendidas sobre a cooperación de cuádruple hélice integraranse no traballo diario dos socios, co compromiso de continuar colaborando máis aló deste proxecto.