
O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) coordina o proxecto europeo Hub4Food – Atlantic Food Innovation Hub, unha iniciativa que impulsa a innovación colaborativa entre pemes e centros tecnolóxicos do Espazo Atlántico. Neste marco, seleccionaron 12 proxectos piloto que se desenvolverán nos próximos meses co obxectivo de avanzar na formulación de alimentos máis innovadores, saudables e sostibles, mediante o uso de ingredientes de orixe mariña.
Estas iniciativas foron seleccionadas no marco dunha convocatoria aberta entre decembro de 2024 e febreiro de 2025, que recibiu 27 propostas de Francia, Irlanda, Portugal e España. Tras a avaliación delas, elixíronse os 12 proxectos con maior potencial de impacto, que serán implementados por centros tecnolóxicos participantes en Hub4Food: ANFACO-CYTMA, CATAA, LEMPA, MARE, PRAXENS e Teagasc.
Os proxectos piloto céntranse no desenvolvemento de alimentos máis saudables e sostibles mediante o uso de ingredientes mariños como algas, espirulina ou microalgas. As temáticas abordadas inclúen a mellora da saúde intestinal, alternativas veganas e sen glute, e solucións alimentarias funcionais.
No caso de Galicia, destacan dúas iniciativas impulsadas por empresas alimentarias galegas:
Ambos os proxectos levaranse a cabo co apoio tecnolóxico de ANFACO-CYTMA, socio galego do consorcio Hub4Food.
O obxectivo destes proxectos é acelerar a transferencia de coñecemento e facilitar a colaboración entre empresas e centros tecnolóxicos no Espazo Atlántico. As solucións desenvolvidas, todas cun nivel de madurez tecnolóxica TRL6 ou superior, implementaranse durante os próximos 8 meses.
Ademais das iniciativas galegas, outros proxectos piloto seleccionados inclúen:
Ao longo do proceso, os avances e resultados compartiranse a través das canles de comunicación de Hub4Food, co fin de dar visibilidade ao coñecemento xerado e promover a innovación no sector agroalimentario do Espazo Atlántico.









