Esta mañá, o proxecto INTERTECH 4.0 (Fase II), no que participa a Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), presentou os seus resultados nun webinar, no que se puideron coñecer as conclusións doutros proxectos innovadores desenvolvidos no marco das axudas ás Agrupacións Empresariais Innovadoras do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.
Durante o webinar, membros do consorcio de 𝐈𝐍𝐓𝐄𝐑𝐓𝐄𝐂𝐇 𝟒.𝟎 presentaron a metodoloxía de asesoramento dixital “Sherpa Dixital”, desenvolta no marco do proxecto. Trátase dunha ferramenta valiosa para axudar ás empresas no seu proceso de transformación dixital validada con varios pilotos nos sectores alimentario, auto e téxtil.
No evento tamén se deu a coñecer a plataforma 𝐈𝐍𝐓𝐄𝐑𝐓𝐄𝐂𝐇 𝟒.𝟎, que permitirá xestionar a metodoloxía Sherpa Dixital, e inclúe ademais un Marketplace de solucións dixitais que conecta directamente a oferta e a demanda, facilitando a implementación da Industria 4.0 nas empresas. Esta plataforma incorpora, ademais, unha microaplicación para obter feedback de cada área, permitindo a súa mellora constante.
Xunto a INTERTECH 4.0 (Fase II) foron presentados outros tres proxectos de innovación aplicables en diferentes áreas industriais. TRACEFACT desenvolveu un sistema analítico da rastrexabilidade de produtos e procesos; MEDRETIA levou a cabo unha investigación industrial en técnicas de intelixencia artificial para o desenvolvemento de predicións a partir de datos multisectoriais; e SABOTNET desenvolveu un sistema de protección de redes corporativas #ante botnet.
Ademais de dar a coñecer os resultados destes proxectos, durante o evento puxéronse en común os desafíos atopados e as solucións desenvolvidas. Ademais, comentouse o potencial impacto destes proxectos na industria e compartíronse ideas sobre como estes avances poderían ser aplicados en deferentes sectores.