O consorcio europeo do proxecto S3FOOD, no que se inclúe o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) constatou que a innovación dixital permite facer fronte aos desafíos da industria alimentaria. Os logros do proxecto, froito de tres anos de traballo en estreita colaboración internacional, foron recoñecidos durante a European Cluster Conference, celebrada en Praga, ao recaer sobre este proxecto o galardón á mellor iniciativa europea interclúster de 2022.
O de S3FOOD era un dos tres consorcios nominados a este premio, cuxo obxectivo é por en valor a contribución de asociacións de clústers capaces de impactar positivamente na súa industria obxectivo.
Este premio non supón só un recoñecemento ao traballo realizado, senón que é tamén un estímulo para continuar na mesma liña. Precisamente iso é o que se persegue con iniciativas en curso coma a asociación Smart Sensors 4 Agri-Food (SS4AF), da que Clusaga tamén forma parte, e que seguirá impulsando a transformación dixital máis aló de S3FOOD. De feito, o novo proxecto coordinado polo Clúster, Food-scalEUp, que celebrou a súa reunión de arranque en setembro, tamén forma parte de SS4AF.
Con 13 socios de oito países europeos, S3FOOD foi financiado polo programa Horizonte 2020 da UE en 2019 para impulsar a transición dixital das pemes europeas de la industria alimentaria.
Dende entón, o incremento dos prezos da enerxía e a escaseza de man de obra posterior á COVID-19 afectaron de forma intensa, aumentando a necesidade de automatización dixital e tecnoloxía de monitoreo para optimizar a eficiencia e reducir os custos.
En liña con estas novas necesidades, o obxectivo clave de S3FOOD foi facilitar o desenvolvemento de tecnoloxía de sensórica intelixente e sistemas de xestión de datos, con el obxectivo de aliviar a presión e asegurar a rentabilidade das pemes europeas da industria alimentaria.