O proxecto YIELDCAN5.0, liderado polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), pretende mellorar o rendemento produtivo e a calidade das conservas de marisco e pescado co desenvolvemento dunha nova plataforma de monitorización e análise masivo de datos a través de intelixencia artificial.
YIELDCAN5.0 está financiado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo a través do programa de apoio a AEIs 2022, e será implementado por un consorcio que inclúe dúas pemes (Palacio de Oriente e Real Conservera Española) e unha gran empresa (Jealsa Rianxeira) do sector de conservas de pescados e mariscos; e dúas entidades tecnolóxicas (ANFACO-CECOPESCA e TripleAlpha Innovation), todas elas socias do Clúster.
Contar con estas tres empresas conserveiras no proxecto permite abordar as dúas cuestións básicas da cadea de valor deste sector: produtividade e calidade. Ademais, permite facelo desde dous enfoques diferentes: alta produción e fabricación de produtos gourmet.
O sector das conservas de pescados e mariscos, ao igual que o alimentario en xeral, caracterízase por unha enorme variabilidade tanto das súas materias primas coma dos seus procesos produtivos. Por este motivo, require do desenvolvemento de solucións áxiles, a medida, adaptables a calquera tamaño e tipoloxía de empresa, e que redunden en novas ferramentas de eficiencia de proceso e custos.
O proxecto YIELDCAN 5.0 xorde da decidida apuesta do sector pola Industria 4.0 coma ferramenta de competitividade. YIELDCAN 5.0 combinarán técnicas de análise masivo de datos e machine learning (ML) con sensórica IoT para favorecer a toma áxil de datos para, tras o seu tratamento, plasmalo en dashboards personalizados que permitan a toma de decisións áxiles para a optimización dos KPIs de negocio establecidos. Posteriormente estos resultados serán tamén plasmados a través dun demostrativo de Realidade Aumentada/Mixta para o acceso en tempo real aos datos de proceso.
Así, YIELDCAN5.0 nace para desenvolver e validar unha nueva plataforma de toma de decisións clave para calquera entorno de fabricación e tipoloxía de produtos na industria conserveira, empleando as máis vangardistas tecnoloxías da industria 4.0 e permitindo ao sector avanzar cara a máxima eficiencia dos seus procesos, grazas á innovación coma motor de cambio.