A crecente demanda de enerxía e de alimentos limita a cantidade de solo dispoñible e apto para a súa produción, ao tempo que fai imperativo realizar un uso responsable do mesmo. A agrovoltaica permite combinar a xeración de enerxía fotovoltaica e a produción agrícola mediante a instalación de paneis solares sobre terreos de cultivo, optimizando así o uso do solo cultivable. Os paneis fotovoltaicos instálanse a unha altura determinada sobre o cultivo para non comprometer a actividade agraria e esta, á súa vez, benefíciase da protección que a instalación proporciona fronte ao exceso de calor e irradiación solar.
Neste contexto nace AGROVOLTECH, un proxecto que pretende desenvolver un sistema innovador baseado nunha rede de sensórica e algoritmos de modelado e control para instalacións agrovoltaicas de múltiples tipoloxías, tanto no referente a localizacións como a tipos de cultivo, coa capacidade de realizar sombreados intelixentes e proporcionar así as condicións óptimas para o crecemento dos cultivos. Deste xeito, xeraranse tecnoloxías e solucións 4.0 que permitirán modificar la posición dos paneis en función de múltiples parámetros, permitindo harmonizar produción agrícola e a xeración de enerxía renovable.
Esta iniciativa, dinamizada polo Cluster de Energía del País Vasco co apoio do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e implementada polas pemes Powerfultree, Libelium e PISA, Proyectos de Innovación, está financiada pola convocatoria 2023 de apoio a Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI) do Ministerio de Industria, Comercio y Turismo (MINCOTUR). Asimesmo, conta co apoio da Unión Europea a través dos Fondos NextGenerationEU e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Xunto a AGROVOLTECH, Clusaga involúcrase na execución doutro proxecto pertencente á mesma convocatoria en calidade de membro do consorcio. Trátase de Powerlog que, liderado por DIHGIGAL, enfócase á optimización da loxística na industria marítima a través dunha plataforma baseada en IA e computación cuántica.
Asimesmo, Clusaga está a coordinar a execución de catro proxectos beneficiarios da convocatoria de apoio a AEIs do MINCOTUR. VitIA 5.0 pretende mellorar a produtividade e sustantabilidade do sector vitivinícola mediante a aplicación de IA, IoT e biotecnoloxía; IA40WASTE pretende promover a eficiencia dos procesos produtivos da industria alimentaria minorando as mermas de produción na etapa industrial; DIG4.0VO, cuxo obxectivo é o sector avícola de posta, oriéntase a lograr unha cadea de valor eficiente, de calidade, comprometida co desenvolvemento sostible e con garantías de benestar animal; e MEATwin, que permitirá mellorar a planificación e produción do sector cárnico mediante a recollida de datos, sensorización e visualización de indicadores.
En total, estes 6 proxectos involucran a 24 entidades socias do Clúster, das cales 7 son empresas do sector da alimentación e das bebidas ás que Clusaga acompaña na súa transformación dixital.