A innovación e o compromiso co sector da alimentación foron recoñecidos, un ano máis, nos Premios Galicia Alimentación. O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) distinguiu, esta mañá, estas dúas calidades, presentes nos proxectos galardoados na oitava edición. Nesta ocasión, as distincións recaeron en mans das seguintes compañías: Real Conservera Española, Hijos de Rivera, Grupo Leche Río, Alibós Galicia, Quescrem, Gadisa, Larsa e Pereira Productos del Mar.
A entrega dos Premios foi o broche de ouro do VII Foro Galicia Alimentación, cuxa inauguración correu a cargo do presidente de Clusaga, Juan José de la Cerda, e do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
A entrega dos VIII Premios Galicia Alimentación 2022 contou coa presencia do conselleiro do Medio Rural, José González, da conselleira do Mar, Rosa Quintana, e do director do Instituto Galego de Promoción Económica, Fernando Guldrís.
Nesta oitava convocatoria, foron oito as compañías, proxectos e iniciativas que recibiron algún dos premios por parte do Clúster Alimentario de Galicia nas seguintes categorías: produto excelente, produto innovador, proxecto empresarial e estratexia de mercado.
A relación de galardoados é a que, a continuación, se especifica:
Produto excelente. A pesar de ser unha categoría de nova creación, foi a que máis candidaturas recibiu, alcanzando a cifra de 24.
Produto innovador, que na presente edición conta con dúas premiadas ex aequo:
Proxecto empresarial, tamén con dúas compañías galardoadas ex aequo:
Estratexia de mercado, con tres marcas galardoadas ex aequo:
A maiores, a xunta directiva do Clúster Alimentario de Galicia decidiu entregar, por unanimidade, o Premio Honorífico Galicia Alimentación a Juan Vieites, quen fora secretario xeral de Anfaco-Cecopesca desde 1991 ata o 2022. Con este galardón búscase recoñecer a súa contribución ao Clúster Alimentario de Galicia coma socio fundador, así coma a súa labor a favor do impulso da I+D+i no sector alimentario galego, en particular no complexo mar industria.
Antes da entrega de galardóns, celebrouse o VII Foro Galicia Alimentación, que reuniu a expertos e profesionais dentro da industria que analizaron e puxeron en común as súas reflexións e ideas acerca dos retos e o futuro do sector.
Para lograr un achegamento ao presente e ao futuro, o evento ofreceu tres relatorios e unha mesa redonda sobre estas cuestións: tendencias globais no ano 2022, a nanotecnoloxía e a súa aplicación no sector, as estratexias de futuro e o marketing de transformación social e, por último, os desafíos nun entorno cambiante coma o actual. Estas temáticas foron abordadas polos seguintes relatores: a Customer Success Manager de Innova Market Insights, Marta Delgado del Río; o Chair of the Research Office no International Iberian Nanotechnology Laboratory, Lorenzo Pastrana Castro; o presidente de AGR Food Marketing e AGR Transformación Social, Mateo Blay Berto; o director de Palafox Food & Wine, Jaime Palafox Gamir; o director de Entrepinares, José Manuel García-Bejines; a directora de Casa Grande de Xanceda; Cristina Fernández-Armesto; a directora de ODS Protein, Iría Varela Campo; e o director de Cafés Candelas, Ramón Alonso Castro.
Ao remate do Foro e os Premios Galicia Alimentación realizouse un cóctel no que o público asistente tivo ocasión de degustar algúns dos produtos que se presentaran aos galardóns de Clusaga, así coma dos colaboradores do evento.
Os alí presentes puidiron degustar produtos das seguintes compañías e marcas: Larsa, Hijos de Rivera, Grupo Leche Río, Maruxío, Torre de Núñez, Innolact S.L., Torre de Núñez, Gadisa, Vía Romana Mencía Añada, Galician Brew, González Carballal, Grupo Entrepinares, Queixerías Barral, Lugar da Veiga, Real Conservera Española, Aceites Abril, Distribuciones Lorri, Jealsa, Mejillón de Galicia D.O.P., Algas la Patrona, Traloagro, Clavo Food Company e Pereira Productos del Mar.
GALERÍA DE IMAXES